César Portela
Nome orixinal | César Portela Fernández-Jardón |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 18 de abril de 1937 (87 anos) Pontevedra, España |
Educación | Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto |
Empregador | Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | Pascuala Campos de Michelena |
Fillos | valor descoñecido, valor descoñecido, Sergio Portela |
Pai | Agustín Portela Paz |
César Portela Fernández-Jardón, nado en Pontevedra o 18 de abril de 1937, é un arquitecto galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Agustín Portela Paz. Estudou nas Escolas Superiores de Arquitectura de Madrid e Barcelona, licenciouse en 1966 e obtivo o doutoramento dous anos despois.
Traballou en Pontevedra, xunto á que era a súa dona, a arquitecta Pascuala Campos de Michelena. Mentres estiveron casados realizaron as súas obras en colaboración. O seu estudio de arquitectura está en Pontevedra.[1]
Unha das súas primeiras obras foi a casa para o párroco de Marín (1968), un atrevido prisma de formigón sobre zancos pegado a unha igrexa barroca. Aínda que o máis coñecido dos traballos daqueles primeiros anos é o complexo de vivendas para xitanos en Campañó (1971-1973), seleccionado xunto coa lonxa de Bueu (1971-1972) para a exposición Arquitectura e racionalismo. Aldo Rossi + 21 arquitectos españois viaxando por diferentes cidades españolas entre setembro de 1975 e outubro de 1976 e vinculado á revista 2C. Construcción de la ciudad.[2] Outras das súas obras daquela época son un bloque de vivendas no polígono industrial de Campolongo (1973) e os concellos de Pontecesures (1973-1975) e Forcarei (1974-1980) .
Foi profesor invitado en numerosas universidades e institucións, como a Escola Superior de Arquitectura de Pamplona, Nancy, Caracas, Lisboa ou Weimar. Colaborou na organización e deseño de diversos seminarios e obradoiros de arquitectura, como o dirixido canda a Aldo Rossi en Santiago de Compostela (1974), os Obradoiros Internacionais de Arquitectura de Napoli, Belfort, e Caracas, a IV Bienal de Arquitectura de Santander, ou o Seminario sobre Cultura e Natureza: Arquitectura e Paisaxe, dependente da Universidade Internacional Menéndez Pelayo na illa de San Simón, así como a dirección, con Óscar Tenreiro, do Seminario de Arquitectura da Universidade de Weimar.[3]
Galardoado co Premio Nacional de Arquitectura de España en 1999 polo edificio da Estación de Autobuses de Córdoba, ten recibido distincións e honras de diversas institucións nacionais e internacionais. Tamén levou a cabo un extenso labor docente, ocupando na actualidade a Cátedra de Proxectos Arquitectónicos da E.T.S. de Arquitectura da Coruña.
En 2021 ingresou na Real Academia Galega de Ciencias.[4]
En sesión ordinaria celebrada o día 18 de decembro de 2021, o plenario da Real Academia Galega de Belas Artes acordou concederlle o título de académico de honra da Corporación.[5]
A súa concepción da arquitectura está nestas palabras súas: "A arquitectura refírese basicamente á construción do espazo. Do mesmo xeito que a pintura especula coa cor, a escultura coa forma, a literatura coas palabras, a fotografía coas imaxes, a música co son e o cine coa imaxe e co tempo, a arquitectura faino co espazo".[6]
Obras
[editar | editar a fonte]- Facultade de Belas Artes de Pontevedra[7] (Pontevedra, 1990).
- Plan especial de Allariz (1991-1997).
- Rehabilitación da Illa de San Simón (1992-2003).
- Museo do Coiro 'Fábrica de Curtidos Familia Nogueiras'[8] (Allariz, 1993).
- Pousada Torre Lombarda [9] (Allariz, 1994).
- Domus - Casa do Home (A Coruña, 1995, xunto con Arata Isozaki).
- Faro de Punta Nariga (Malpica de Bergantiños, 1995).
- Parque Natural Bahia de Cádiz (2002-2002). Con Antonio Barrionuevo e Julia Molino.
- Cemiterio de Fisterra (Fisterra, 2002).
- Museo do Mar de Galicia (Vigo, 2002, xunto con Aldo Rossi).
- Estación de Autobuses de Córdoba (Córdoba, 1999), Premio Nacional de Arquitectura de España.
- Verbum - Casa das palabras, Vigo (2003).
- Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa (2003).
- Rehabilitación do Teatro Cine Fraga (Vigo, en proceso de rehabilitación dende 2007).
- Pazo de Congresos da Coruña (A Coruña, 2003, xunto con Ricardo Bofill).
- Observatorio astronómico de Cotobade (Carballedo, Cerdedo-Cotobade, 2009, xunto a Magdalena Portela).
- Rehabilitación do Pazo Baión (2009-2010).
- Plan director do Cabo Fisterra (2009-2010).
- Piscina termal das Burgas (Ourense, 2010).
- Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo (2011).
- Museo de Historia Natural, Santiago de Compostela (2021).
- Biblioteca e Auditorio, Sevilla (2011).
- Ampliación do Aeroporto de Vigo - Peinador (Vigo, 2014).[10]
- Torre-miradoiro en Caracas (en proceso).[11]
- Estación intermodal da Coruña (en proceso).[12]
- Actuacións en Xunqueira de Ambía (en proceso).[13]
Premios
[editar | editar a fonte]- 1981: Premio nacional de Urbanismo. Plan de intervención no Pazo de Oca e contorna. Dirección General de Urbanismo. MOPU.
- 1989: Premio Galicia de Arquitectura.
- 1994: Premio European urban and Regional planning. European Commission/European Council of Town Planners. Recuperación das marxes do río Arnoia, Allariz.
- 1997: Premio Pedrón de Ouro do Patroado Rosalía de Castro.
- 2000: Premio Nacional de Arquitectura Española.[14] Estación de Autobuses de Córdoba. Premio Cidade de Pontevedra do Concello de Pontevedra. Premio Pontus Veteris do Colexio de Arquitectos de Galicia,Delegación de Pontevedra.
- 2002: Premio Europeo Philippe Rotthier. Cemiterio de Fisterra, A Coruña
- 2005: Premio Europeo Philippe Rotthier. Museo do Mar, Vigo.[15]
- 2021: Premio á traxectoria profesional na XIX edición dos Premios do Colexio de Arquitectos de Galicia.[16]
- 2023: Medalla de Ouro dos arquitectos españois.[17]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "César Portela Cidade da Cultura". www.cidadedacultura.gal. Consultado o 2021-06-17.
- ↑ "1977, núm. 8". upcommons.upc.edu (en inglés). Consultado o 2021-06-17.
- ↑ "César Portela - pedrón de ouro Info. About. What's T". gl.buy-com.pp.ua. Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2021. Consultado o 2021-06-17.
- ↑ "O arquitecto pontevedrés César Portela ingresa na Real Academia Galega de Ciencias". Pontevedra Viva. Consultado o 2021-06-17.
- ↑ "César Portela, novo académico de honra da Real Academia Galega de Belas Artes". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2021-12-18.
- ↑ "Biografía del arquitecto: César Portela". Floornature.com. Consultado o 2021-06-17.
- ↑ Facultade de Belas Artes de Pontevedra
- ↑ [1]
- ↑ [2]
- ↑ Pastor: "Esta ampliación convierte a Peinador en uno de los aeropuertos más importantes del país"
- ↑ "Un mirador de 115 metros sobre Caracas en homenaje al ideario de Simón Bolívar". Faro de Vigo (en castelán). 2014-05-16. Consultado o 2021-06-17.
- ↑ SL, POMBAPRESS. "Así será la Estación Intermodal de A Coruña, aprobada hoy por la dirección de Adif, con diseño de Cesar Portela". Galiciapress (en castelán). Consultado o 2021-06-17.
- ↑ Región, La (2011-12-24). "César Portela cambia la faz de Xunqueira de Ambía". La Región (en castelán). Consultado o 2021-06-17.
- ↑ Redacción (5 de maio de 2023). "Cesar Portela, Medalla de Oro de la Arquitectura 2023". arquitecturasprocesadas.com (en castelán). Consultado o 24 de outubro de 2023.
- ↑ $fb_urllavozdegalicia (2005-07-10). "El Museo del Mar, premio de arquitectura Philippe Rotthier". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2021-06-17.
- ↑ "Os arquitectos galegos recoñecen a traxectoria de César Portela e o deseño dun edificio de Pontevedra". Pontevedra Viva. Consultado o 2021-09-26.
- ↑ "Los arquitectos españoles otorgan su Medalla de Oro a César Portela". La Voz de Galicia (en castelán). 2023-05-05. Consultado o 2023-05-05.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine.