Conservación e restauración

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Restauración do Pórtico da Gloria

A conservación e restauración é a ciencia que se encarga do estudo e control dos axentes e formas de alteración que afectan os materiais constituíntes dos bens culturais. O profesional que a desenvolve recibe o nome conservador-restaurador.

Concepto e definición[editar | editar a fonte]

Ao longo da historia esta actividade ten recibido diversos nomes, como restauración, restauro, conservación-restauración ou conservación, e os profesionais teñen levado o nome de curator, restaurador, conservador-restaurador ou conservador. O sinónimo máis exacto é conservación, e existe a tendencia a empregar este último cada vez máis por parte dos conservadores-restauradores en diversos foros e na docencia.

A pesar de ter máis tradición, nas últimas décadas o termo restauración tiña virado a designar a actividade do chef culinario, producindo unha confusión entre a conservación-restauración e a hostalaría. Por esta e outras razóns de consenso dentro da comunidade de conservadores-restauradores en todo o mundo, na actualidade emprégase o termo conservación-restauración ou simplemente conservación, considerando a restauración un tipo específico de traballo dentro da mesma.

Dende un punto de vista científico existen múltiples definicións da conservación-restauración[1]. Segundo Cesare Brandi, por exemplo, chámase restauración a calquera intervención dirixida a devolver a eficiencia a un produto da actividade humana.

Tipos[editar | editar a fonte]

Dentro da disciplina de conservación-restauración os profesionais recoñecen a existencia de tres campos de traballo, que reciben os seguintes nomes:

  • Conservación preventiva: é un método indirecto que consiste en controlar as condicións ambientais nas que se insire o ben cultural de maneira que se evite, na medida do posible, a súa deterioración por un exceso o falta de humidade, o cambios producidos por variacións de temperatura. A conservación preventiva inclúe tamén os planos de seguridade e a análise dos factores de risco que poden xurdir durante a exposición, o traslado o a manipulación de este tipo de objectos (lume, agua, roubo etc.).
  • Conservación activa ou curativa: trátase de accións directas sobre o patrimonio cultural co obxectivo de estabilizar o seu estado, isto é, frear os procesos de degradación e retardar os danos que poidan sufrir. Este tipo de conservación está reservado a bens cuxo estado amosa xa signos de fraxilidade ou se están a deteriorar rapidamente. De aí que se trate sempre de intervencións de urxencia.
  • Restauración: son accións directas realizadas sobre o patrimonio xa danado co obxectivo de facilitar a súa interpretación, respectando a súa integridade material na medida do posible.

Historia e ámbito de estudo[editar | editar a fonte]

Pódese falar de conservación-restauración dos bens culturais dende a antigüidade ata a época contemporánea, pero dende un punto de vista teórico máis preciso son fundamentais os séculos XIX e XX, cando se definen as cartas internacionais que regulan o funcionamento da disciplina. O ámbito de estudo abarca todo tipo de bens culturais en tódalas súas vertentes, aínda que a tradición habitual ata o de agora implica que a conservación-restauración estea centrada sobre todo nos bens culturais materias de tipo moble, principalmente (escultóricos, pictóricos, arqueolóxicos, documentais, fílmicos e fotográficos, musicais. etc.).

Metodoloxía[editar | editar a fonte]

Detalle da restauración do Pórtico da Gloria

A conservación e restauración de bens culturais é unha disciplina de carácter científico deudora de diversas fontes como a química, as técnicas de documentación, a historia da arte, procedementos e técnicas artísticas etc. É unha ciencia multidisciplinar que ten como fin último o coñecemento das técnicas e procedementos con que foron realizadas as obras co obxectivo de preservalas para futuras xeracións. Por iso, o profesional debe estar dotado dunha metodoloxía científica que proporcione nova información rigurosa sobre o patrimonio.

Polo tanto, a conservación-restauración centra o seu esforzo, nun primeiro momento, na diagnose dos factores e procesos de alteración dos bens culturais. O método consta de:

  1. Un estudo previo cuxa finalidade é achegar aspectos relevantes de historia, técnicas e materiais constituíntes.
  2. Unha diagnose que serve para avaliar o estado de conservación.
  3. Unha proposta de intervención.

É fundamental a colaboración interdisciplinar coas numerosas ciencias auxiliares. Os factores de alteración, cos axentes que os desencadean, poden ser biolóxicos, químicos, antrópicos etc. A intervención sobre os bens culturais, tras unha primeira fase de análise, pode dividirse en dous tipos fundamentais: conservación preventiva e conservación activa.

Especialidades, estudos oficiais e institucións[editar | editar a fonte]

Nos centros que imparten estes estudos, así como en numerosas institucións de conservación e museus, é habitual a compartimentación en varios bloques ou especialidades. Esas especialidades dependen do material co que se traballa, do tipo de ben cultural co que se trata ou de ambas cousas: escultura, pintura, arqueoloxía, papel, tecidos, mobiliario, instrumentos musicais... A pesar de que existen importantes institucións internacionais adicadas á conservación e restauración de bens culturais (por exemplo o IIC), pode dicirse que esta é unha disciplina relativamente nova, de maneira que non existe un consenso claro para este tipo de estudos no Espazo Europeo de Educación Superior. A situación é diversa dependendo do país escollido. O resultado é que en España existen titulacións de estudos superiores impartidos tanto nas universidades como nas escolas superiores, dependentes estas últimas das administracións autonómicas. Ambas titulacións son teoricamente equivalentes, pero iso non é obstáculo para que se teña producido unha importante polémica sobre a atribución do título de grao [2]. Na Galiza o único título oficial é o impartido pola Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.

Código deontolóxico[editar | editar a fonte]

A conservación-restauración como todas as disciplinas científicas ten o seu propio código deontolóxico[3].

  • Respecto aos bens: o que significa que debe terse en consideración o seu contido material, tanto a parte física da obra, como o seu contido inmaterial, isto é, a súa mensaxe histórica, ideolóxica, artística, evocional etc. Porén, antes de calquera intervención é necesario realizar un exhaustivo estudo do ben en función deses dous parámetros. E, ademais, debe atenderse a posibles reparacións ou modificacións que teña sufrido en épocas anteriores, que poden ou non ser de grande significado histórico.
  • Mínima intervención: as accións efectuadas sobre a obra deben limitarse ao mínimo necesario que sexa efectivo para garantir a preservación dos bens e os valores antes citados, en tanto que, cada nova intervención afasta máis a obra da súa orixinalidade. Polo tanto, debe premiar unha conservación preventiva por riba dunha conservación activa ou restauración.
  • Reversibilidade: as intervención ou tratamentos realizados sobre las obras, así como os materiais o produtos introducidos nelas deben ser reversibles, é dicir, que podan ser eliminados no futuro sen danar as obras, en caso de necesidade porque as intervencións sobre as obras as modifican e responden aos criterios existentes no momento da súa realización e pode ser necesario realizar novas intervencións o que as antigas non sexan compatibles coas novas. 
  • Documentación obxectiva e completa a través do informe: todas as intervencións deben documentarse do xeito más completo e obxectivo posible a través dos informes para que podan ser consultados por futuros investigadores ou conservadores-restauradores que precisen coñecer que materiais ou tratamentos tivo a peza nun momento determinado.
  • Consciencia das limitacións: o conservador-restaurador debe ser consciente das súas propias limitacións e non debe tomar decisións que vaian máis alá dos seus coñecementos, nin realizar tarefas que superen as súas propias habilidades e, por iso, debe estar cualificado para o traballo que vai realizar. 
  • Actualización dos coñecementos técnicos: é indispensable que o conservador-restaurador teña os seus coñecementos técnicos ao día mediante unha aprendizaxe continuada e perseverante pola constante aparición de técnicas e materiais novos.
  • Responsabilidades e compromisos: o conservador-restaurador ao aceptar a profesión adquire unha serie de compromisos e responsabilidades que debe estar disposto a cumpliar para co patrimonio, para coa sociedade presente e futura e cara os profesionais da súa disciplina. 

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Unha definición da profesión (es)
  2. Esta polémica afecta, en realidade, a todas as titulacións de ensinanzas artísticas superiores do estado español.
  3. A profesión e o seu código ético

Véxase tamén[editar | editar a fonte]