Francisco Diz
Diz | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Francisco Diz Vázquez | ||
Nacemento | 9 de setembro de 1910 | ||
Lugar de nacemento | A Coruña | ||
Falecemento | 16 de abril de 1967 | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1928–1929 | Europa FC | ||
1929–1930 | Emden | ||
1930–1934 | Deportivo da Coruña | 56 | (20) |
1934–1936 | Real Madrid | 8 | (2) |
1936–1937 | Deportivo da Coruña | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Francisco Diz Vázquez, nado na Coruña o 9 de setembro de 1910 e finado o 16 de abril de 1967, foi un futbolista galego. Xogaba de dianteiro e destacou no Deportivo da Coruña, onde formou unha famosa á esquerda xunto a Chacho. Tamén militou dúas tempadas no Real Madrid, co que gañou unha Copa do Presidente da República.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nacido na Coruña, xogou no Europa FC da mesma cidade, antes de pasar ao Emden, co que disputou a Terceira División na tempada 1929/30. No modesto club coruñés coincidiu con xogadores como Cachaza, Abelardo, Lolito, Medín ou Lelé, e obtivo a segunda posición do seu grupo, por detrás do Racing de Ferrol.[1]
No verán de 1930 fichou polo Deportivo da Coruña. Debutou en partido oficial no Campionato de Galicia, do que se proclamou campión esa tempada (1930/31). O 4 de xaneiro de 1931 xogou o seu primeiro partido na Segunda División, nunha derrota contra o Betis no Campo do Patronato de Sevilla.[2] Xogou catro tempadas no club branquiazul, formando unha célebre á esquerda con Chacho.[3] Gañou un segundo campionato galego e marcou 22 goles na Segunda División.
En 1934 recibiu ofertas de varios equipos, entre eles o FC Barcelona, que se interesou por el e mais por Chacho, viaxando os dous futbolistas coruñeses á cidade condal para xogar algúns partidos de proba. Alí chegaron a enfrontarse á selección brasileira de Leônidas, logrando un empate a catro goles.[4] Finalmente foi o Madrid FC o que fichou ao xogador, pechándose o traspaso en 10.000 pesetas para o Deportivo.[3][5]
Militou dúas tempadas no club madrileño, compartindo equipo entre outros con Zamora, Quincoces, os irmáns Luis e Pedro Regueiro, Lazcano ou o seu antigo compañeiro no Deportivo, Hilario; e proclamouse campión da Copa do Presidente da República en 1936. A continuación regresou á Coruña e xogou de novo no Deportivo, gañando un terceiro campionato galego.[6] Pouco despois sufriu unha grave lesión nunha perna durante un partido, presentándoselle unha gangrena que puxo fin á súa carreira deportiva.[7]
Trala súa retirada viviu na pobreza, recibindo donativos procedentes de colectas de persoas mundo do fútbol e de partidos benéficos para sufragar as súas estadías nos hospitais.[8][9][10] Faleceu dun infarto o 16 de abril de 1967 no hospital de Santiago de Compostela, onde estaba ingresado por un cancro nunha perna. A morte chegoulle mentres presenciaba no televisor un partido de fútbol entre o Córdoba e o Hércules.[11]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Deportivo da Coruña
- Campionato de Galicia (3): 1930/31, 1932/33, 1936/37.
- Real Madrid
- Copa de España (1): 1935–36.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Racing, 1; Emden, 0". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de xaneiro de 1930. p. 5.
- ↑ "El Deportivo pierde en Sevilla por 4-3". El Ideal Gallego (en castelán) (3238). 6 de xaneiro de 1931. p. 1. Consultado o 19 de novembro de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 "Diz, al Madrid". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de novembro de 1934. p. 2.
- ↑ "Partidos do FC Barcelona na tempada 1933/34" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2021. Consultado o 19 de novembro de 2021.
- ↑ "Ni para el Celta ni para el Athletic: para el Madrid". El Pueblo Gallego (en castelán) (3318). 23 de novembro de 1934. p. 4. Consultado o 19 de novembro de 2021.
- ↑ "El Deportivo, al empatar con el Lugo, se clasifica campeón". El Pueblo Gallego (en castelán) (4178). 12 de xaneiro de 1937. p. 4. Consultado o 19 de novembro de 2021.
- ↑ "Apuntes noticieros". El Diario de Pontevedra (en castelán) (15183). 13 de febreiro de 1937. p. 3. Consultado o 19 de novembro de 2021.
- ↑ "La operación de Diz". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de marzo de 1943. p. 2.
- ↑ "Suscripción pro Diz". La Noche (en castelán) (14130). 21 de febreiro de 1967. p. 3. Consultado o 19 de novembro de 2021.
- ↑ "Para la vieja gloria del fútbol Paco Diz". El Pueblo Gallego (en castelán). 2 de marzo de 1967. p. 13. Consultado o 19 de novembro de 2021.
- ↑ Rey-Alvite Feás, José (17 de abril de 1967). "Paco Diz falleció ayer en el Hospital de Santiago". La Noche (en castelán) (14176). p. 16. Consultado o 19 de novembro de 2021.