Jaime González Meilán
Chacho III | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Jaime González Meilán | ||
Nacemento | 29 de xaneiro de 1939 | ||
Lugar de nacemento | A Coruña | ||
Altura | 1,73 m | ||
Posición | Interior, dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
1954–1955 | Sporting Ciudad | ||
1955–1957 | Sporting Coruñés | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1957–1958 | Xuvenil | ||
1958–1959 | Español | ||
1959–1961 | Celta de Vigo | 0 | (0) |
1960–1961 | → Gran Peña cedido | ||
1961–1962 | Sporting da Covilhã | 24 | (8) |
1962–1963 | Lleida | ||
1964–1970 | Deportivo Galicia | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Jaime González Meilán, coñecido como Chacho III, nado na Coruña o 29 de xaneiro de 1939, é un exfutbolista galego.
Fillo do histórico xogador do Deportivo da Coruña, Chacho, xogou en varios equipos coruñeses e tras un infrutuoso paso polo Celta de Vigo emigrou primeiro a Portugal, onde xogou no Sporting da Covilhã, e logo a Venezuela, onde destacou no Deportivo Galicia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Alcumado "Chacho III" por ser o terceiro da saga iniciada por seu pai, o histórico dianteiro do Deportivo da Coruña e internacional coa selección española Eduardo González Valiño (Chacho), e continuada polo seu irmán máis vello Antonio (Chacho II), tamén futbolista.
Comezou a xogar ao fútbol na tempada 1952/53 nos xuvenís do Sporting Ciudad, pasando logo dous anos polo Sporting Coruñés, antes de recalar no Deportivo Xuvenil adestrado por Vizoso, na Terceira División.[1]
Tras pasar polo Español, en novembro de 1959 estivo a proba no Celta de Vigo, xogando varios partidos amigables, e finalmente fichou polo equipo vigués, asinando un contrato ata xuño de 1962.[2][3][4] Con todo, non puido xogar ningún partido oficial no Celta e en marzo de 1960 foi cedido ao Gran Peña.[5]
Na tempada 1961/62 xogou na Primeira división portuguesa co Sporting da Covilhã, e aínda que realizou unha boa campaña e foi o máximo goleador do equipo, este acabou descendendo.[6] Nas dúas seguintes tempadas xogou no Lleida e no Abarán, equipo murciano que militaba na Segunda División.
En outubro de 1964, por mediación de Lázaro Candal, fichou polo Deportivo Galicia de Caracas.[7] Xogou no equipo venezolano ata 1970, gañando dúas ligas venezolanas e tres Copas Venezuela. Disputou tamén 15 partidos na Copa Libertadores, na que marcou un gol fronte ao Palmeiras de Ademir da Guia en 1968, no Estadio do Pacaembu.[8]
Palmarés
[editar | editar a fonte]Deportivo Galicia
- Primeira división de Venezuela (2): 1969, 1970.
- Copa Venezuela (3): 1966, 1967, 1969.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Jaime González, hijo del ex-internacional Chacho, juega en el Deportivo Juvenil". La Noche (en castelán). 11 de marzo de 1958. p. 5. Consultado o 29 de marzo de 2021.
- ↑ "Ecos célticos". La Noche (en castelán). 19 de novembro de 1959. p. 4. Consultado o 29 de marzo de 2021.
- ↑ "Jugando un equipo del Celta contra el Arenal, el hijo de Chacho causó buena impresión". El Pueblo Gallego (en castelán). 19 de novembro de 1959. p. 7. Consultado o 29 de marzo de 2021.
- ↑ "Jaime González, dijo en La Coruña". El Pueblo Gallego (en castelán). 2 de decembro de 1959. p. 7. Consultado o 29 de marzo de 2021.
- ↑ "Jaime González, cedido por el Celta al Turista". El Pueblo Gallego (en castelán). 10 de marzo de 1960. p. 7. Consultado o 29 de marzo de 2021.
- ↑ "Chacho III, que no tuvo suerte en el Celta, triunfó en Portugal". El Pueblo Gallego (en castelán). 19 de xullo de 1962. p. 10. Consultado o 29 de marzo de 2021.
- ↑ "Chacho, a Caracas". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de outubro de 1964. p. 4.
- ↑ "Partidos de Chacho III na Copa Libertadores". worldfootball.net (en inglés). Consultado o 30 de marzo de 2021.