Irene González
Irene González | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Irene González Basanta | ||
Nacemento | 26 de marzo de 1909 | ||
Lugar de nacemento | A Coruña | ||
Falecemento | 9 de abril de 1928 | ||
Lugar de falecemento | A Coruña | ||
Posición | gardameta | ||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
Irene González Basanta, nada na Coruña o 26 de marzo de 1909[1] e finada na mesma cidade o 9 de abril de 1928, foi unha deportista galega, considerada a primeira xogadora galega de fútbol.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ao principio da súa carreira, no equipo infantil Racing-Athletic, Irene xogaba de dianteira centro. Porén, cando fundou o seu club Irene C.F. (do que pasou a ser capitá), cambiou á posición de porteira por motivos descoñecidos.[3] No equipo, que estaba federado, xogaba xunto aos homes.[4] A súa fama fixo que o seu club disputase encontros na Laracha, Betanzos, Ferrol, Sada, Oleiros, Culleredo, Monforte ou Noia, con importante presenza de público.[5]
Quen a viron xogar afirmaron que Irene era unha gran porteira, a quen era moi difícil meter un gol.[6]
A comezos de 1925, só uns meses antes de que fixese 16 anos, sacáronlle a única fotografía súa coñecida.
Co Irene F.C. participou en competicións infantís da Coruña e de xuño a setembro de 1925 organizou un campionato en que participaron dezaoito clubs. Tamén interveu en varios encontros amigables.[7]
En outono de 1927 enfermou de tuberculose, doenza que a afastou do terreo do xogo. Tivo que empeñar as súas escasas posesións para poder pagar a medicación, a alimentación e o alugueiro.[3]
En novembro dese ano os xornais locais difundiron o seu grave estado e os apuros polos que pasaba, ante o que axiña xurdiu a solidariedade da xente. Na Coruña, Ferrol e Betanzos fixéronse colectas entre as afeccións durante os partidos de fútbol e celebráronse varios partidos benéficos, dos que se lle entregou toda a recadación.[8] Irene puido recuperarse, mais uns meses despois faleceu de súpeto no seu domicilio por mor das secuelas que lle deixou a tuberculose.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Registro Civil". El Eco de Galicia : diario católico é independiente. 27 de marzo de 1909. Arquivado dende o orixinal o 26 de febreiro de 2019.
- ↑ "Irene González Basanta pioneira na práctica do fútbol en Galicia e no mundo".
- ↑ 3,0 3,1 "Irene González Basanta pioneira na práctica do fútbol en Galicia e no mundo".
- ↑ "Unha ducia de pezas históricas do fútbol galego". Praza Pública. Consultado o 2020-12-20.
- ↑ "A porteira Irene, a historia dunha muller pioneira hai un século". Praza Pública. 2020-12-20. Consultado o 2020-12-20.
- ↑ "Irene Gonzalez Guardameta.Portera A Coruña.Irene Gonzalez F.C". Ropa PinUp (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 27 de xaneiro de 2022. Consultado o 4 de setembro de 2018.
- ↑ "Irene, la jugadora de fútbol más extraordinaria". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 4 de setembro de 2018.
- ↑ "irene gonzlez". estudiantes.elpais.com. Arquivado dende o orixinal o 4 de setembro de 2018. Consultado o 4 de setembro de 2018.
- ↑ "Mujer, portera, pionera". abc (en castelán). Consultado o 4 de setembro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Irene González |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Freire Cordeiro, Carlos (2012). Todo sobre o fútbol galego. Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9914-446-7.
- Alfeirán Rodríguez, Xosé (5/3/2018). "Irene González, la primera guardameta". La Voz de Galicia (en castelán).
- Rodríguez Anair (2018). Pioneiras. Galegas que abriron camiño. Xerais. 32 páxs. Ilustracións de Nuria Díaz. ISBN 978-84-9121-310-9.
- Rubén Ventura Neira e Juan Luis Rodríguez Cudeiro (2020). "IRENE Y LAS PUERTAS DEL FÚTBOL". EDITA: Vía Láctea S.L.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Irene y las puertas del fútbol. Historia de una pionera. Arquivado 15 de decembro de 2020 en Wayback Machine.
- "Irene González". Álbum de Mulleres do Consello da Cultura Galega.