Cidade de México

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Ciudad de México")
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

Coordenadas: 19°26′N 99°8′O / 19.433, -99.133

Cidade de México
Ciudad de México
Flag of Mexican Federal District.svg
Coat of arms of Mexican Federal District.svg
Cd. de México Collage.jpg
Diferentes vistas de edificios e lugares emblemáticos da Cidade de México.
Localización
Cidade de México en México
Cidade de México
Cidade de México
País Flag of Mexico.svg México
Entidade Distrito Federal
Delegacións 16 delegacions:
Álvaro Obregón
Azcapotzalco
Benito Juárez
Coyoacán
Cuajimalpa
Cuauhtémoc
Gustavo A. Madero
Iztacalco
Iztapalapa
Magdalena Contreras
Miguel Hidalgo
Milpa Alta
Tláhuac
Tlalpan
Venustiano Carranza
Xochimilco
Xeografía
Altitude 2.250 msnm
Superficie 1.485 km²
Demografía
Poboación 8 851 080 hab. (2011)
Densidade 6.000 hab/km²
Xentilicio Capitalino/a
Mexiqueño/a
Chilango/a
Outros datos
Código postal 00–16
Páxina oficial da Cidade de México

Cidade de México (oficialmente e en castelán Ciudad de México (Es-Ciudad de Mexico.ogg pronunciación ), antigamente chamada México Distrito Federal) é a capital da República Mexicana.

É a cidade maior, con diferenza, do país (8 851 080 habitantes, datos de 2012), e incluíndo a poboación que habita na área urbana 20 116 842 en 2010. É unha das urbes máis grandes do mundo, sitúase no centro da república, sobre o altiplano mexicano a uns 2.600 m de altitude, no leito do que foi un lago e rodeada de volcáns, sobre todo ao sueste, os Popocatépetl (5.452 m) e Iztaccíhuatl (5.286 m).

Historia[editar | editar a fonte]

Época precolombina[editar | editar a fonte]

Fundación de México-Tenochtitlán. Códice Durán, s. XVI.

Os indicios máis antigos de ocupación humana no territorio da Cidade de México son os da "Mujer del Peñón" e outros atopados en San Bartolo Atepehuacan (Gustavo A. Madeiro), e críase que correspondían ao período Cenolítico Inferior (9500-7000 a. C.).[1] Con todo, recentes estudos sitúan a súa antigüidade en 12 700 anos, e a súa orixe, polo seu ADN mitocondrial, como asiático.[2]

Durante o primeiros tres milenios antes de nosa era, baixo o influxo ou á sombra da cultura olmeca, desenvolvéronse aquí varias poboacións importantes como Cuicuilco. Cara ao final do Preclásico, a hexemonía cuicuilca cedía ante o apoxeo de Teotihuacan, localizada ao nordés do lago de Texcoco. Durante o Clásico esa cidade foi un núcleo que concentrou á maior parte dos poboadores da conca lacustre, quedando Azcapotzalco como un dos seus satélites na ribeira poñente, ocupado por pobos de ascendencia otomiana. No oriente do lago, o cerro da Estrela foi a sede dun pequeno pobo teotihuacano.

Cara ao século VIII comezou a decadencia de Teotihuacan. Algúns dos seus habitantes trasladáronse á ribeira do lago de Texcoco, onde fundaron pobos como Culhuacán, Coyoacán e Copilco. A zona foi destino das migracións dos teochichimecas durante os séculos VIII e XIII, pobos que orixinarían ás culturas tolteca e mexica. Estes últimos chegaron cara ao século XIV para establecerse primeiro nas beiras do lago.

Debido á súa orixe mitolóxica, non hai consenso científico sobre a data da fundación da cidade de México-Tenochtitlan, pero puido ocorrer a inicios do século XIV.[3][4] Fontes do século XVI que fixeron correlacións dos antigos calendarios cos occidentais situárona en 1325[5] -2 casa na conta calendárica mexica- ou en 1345, nun illote no centro da zona lacustre. Algúns anos máis tarde unha fracción dos mexicas que migraban desde o norte do país fundarían a cidade de México-Tlatelolco noutro illote ao noroeste.[6] Máis tarde, en 1428 Tenochtitlan, Tetzcoco e Tlacopan estableceron a Tripla Alianza[7] a cal foi dominada polos mexicas que crearon un imperio nun territorio de preto de 300 000 quilómetros cadrados. Como parte desta expansión, Tenochtitlan conquistou á outra cidade de orixe mexica de Tlatelolco en 1473,[6] que dada a súa proximidade, uníronse nunha soa zona urbana. Ao momento da chegada dos españois, México-Tenochtitlan era unha das urbes máis grandes do mundo antigo contando, baseado en estimacións modernas, cunhas 300.000 persoas.[8][9]

Conquista española[editar | editar a fonte]

En 1521, soldados españois liderados por Hernán Cortés invadiron o Imperio Azteca e ocuparon e saquearon a súa capital, Tenochtitlán.

Tras o desembarque en Veracruz, o explorador español Hernán Cortés avanzou sobre Tenochtitlan coa axuda doutros pobos nativos,[10] chegando á capital aszeca o 8 de novembro de 1519.[11] Cortés e os seus homes marcharon ao longo da calzada que conducía á cidade de Iztapalapa e o gobernante da cidade, Moctezuma II, saudou aos españois; trocaron presentes, pero a amizade non durou moito tempo.[12] Cortés puxo a Moctezuma baixo prisión domiciliaria, na esperanza de gobernar a través da autoridade del.[13]

As tensións aumentaron, até que na noite do 30 de xuño de 1520 - durante unha loita coñecida como "La Noche Triste" - os aztecas levantáronse contra a invasión española e conseguiron capturar e expulsar aos europeos e aos seus aliados tlaxcaltecas.[14] Cortés reagrupou as súas forzas en Tlaxcala. Os aztecas pensaron que os españois marcharan permanentemente e elixiron un novo rei, Cuitláhuac, pero morreu pronto. O seguinte rei foi Cuauhtémoc.[15]

Cortés comezou logo o cerco de Tenochtitlan en maio de 1521. Durante tres meses, a cidade sufriu coa falta de comida e auga, así como a propagación da varíola traída polos europeos.[10] Cortés e os seus aliados desembarcaron as súas forzas na parte sur da illa e lentamente abriron camiño a través da cidade.[16] Cuauhtémoc rendeuse en agosto de 1521.[10] Os españois practicamente arrasaron a cidade de Tenochtitlán durante o cerco final da conquista.[11]

Cortés primeiro estabeleceuse en Coyoacán, pero decidiu reconstruír a cidade azteca para apagar todos os vestixios da vella orde.[11] Non estabeleceu un territorio baixo o seu propio dominio persoal, permaneceu leal á coroa española. O primeiro vicerrei español chegou á Cidade de México catorce anos máis tarde. Nesa época, a cidade xa se tornara novamente unha importante cidade-Estado, tendo un poder que se estendía moi alén de súas fronteiras.[17]

Aínda que os españois preservasen o formato básico das rúas de Tenochtitlán, construíron igrexas católicas sobre os antigos templos aztecas e reivindicaron os palacios imperiais para eles.[17] Tenochtitlán foi rebautizada como "México" porque era unha palabra máis doada de pronunciar en castelán.[11]

Período colonial[editar | editar a fonte]

Vista da Cidade de México en 1600.
A Catedral Metropolitana foi construída polos españois sobre as ruínas do Templo Mayor.

A cidade foi a capital do Imperio Azteca e na era colonial, Cidade de México tornouse a capital do Vice-Reino de Nova España. O vice-rei vivía no palacio vice-real na praza Zócalo. A Catedral Metropolitana da Cidade de México, a sede do arcebispado de Nova España, foi construída noutra parte do Zócalo, sobre as ruínas do antigo Templo Mayor.

As cidades españolas coloniais estaban construídas baseándose nun plano organizado en rueiros, polo menos se ningún obstáculo xeográfico o impedía. Na Cidade de México, o Zócalo (a praza principal) era o lugar central a partir do cal os rueiros da cidade foron construídos. Os españois vivían na área máis próxima á praza principal no que era coñecido como traza, en rúas tranquilas e ben ordenadas. As residencias dos pobos nativos foron colocadas fóra desa zona exclusiva e as súas casas estaban máis afastadas.[18]

O Imperio Español procurou manter os indios separados dos españois, mais como o Zócalo era un centro comercial importante para os indios, eles eran unha presenza constante na área central da cidade, o que facía que a rigorosa segregación étnica non fose cumprida.[19] O Zócalo tamén era o escenario de grandes celebracións, tamén como de execucións. A praza tamén foi o lugar de dúas grandes rebelións no século XVII, unha en 1624 e outra en 1692.[20]

A cidade medrou, así como a súa poboación, o que deixou cada vez menos espazo para as augas do lago. Como a profundidade da auga do lago oscilaba, a Cidade de México estaba suxeita a inundacións periódicas. Un gran proxecto de infraestrutura fixo que miles de indios fosen postos en réxime de traballo forzado para evitar novas inundacións. As enchentes non só eran un inconveniente, se non tamén un perigo para a saúde, unha vez que durante os períodos de cheas o lixo da xente contaminaba as rúas da cidade. Coa drenaxe da área, a poboación de mosquitos caeu, así como a frecuencia de doenzas. No entanto, a drenaxe dos pantanos tamén mudou o hábitat para peixes e aves e as áreas de acceso para os cultivos dos indios preto da capital.[21]

No século XVI, houbo unha proliferación de igrexas, moitas das cales aínda poden ser vistas no centro histórico da capital mexicana.[17] Economicamente, a Cidade de México prosperou como resultado do comercio. Ó contrario do Brasil ou do Perú, México tiña contacto fácil cos océanos Atlántico e Pacífico. Aínda que a coroa española tentase regulamentar completamente todo o comercio na cidade, a lei tivo éxito só parcial.[22]

O concepto de nobreza floreceu en Nova España dunha forma non vista noutras partes de América. Os españois encontraron unha sociedade na cal o concepto de nobreza era parecido ó europeo, o que fixo que os conquistadores respectasen e ampliasen a orde de nobreza indíxena. Os séculos que seguiron, un título nobre en México non significaba gran poder político.[23] O concepto de nobreza en México non era político, mais si social e conservador, con base no mérito da familia. A maioría desas familias probaron o seu valor, facendo fortunas na Nova España fóra da propia cidade e, axiña, investindo as súas rendas na capital, coa construción de novas igrexas, institucións de caridade e casas palacio extravagantes. A manía de construír a residencia máis opulenta posíbel atinxiu o seu auxe na última metade do século XVIII. Moitos destes palacios aínda poden ser atopados, o que fixo que Alexander von Humboldt dese o alcume de "cidade de palacios" á capital mexicana.[11][17][23]

Independencia e Guerra Mexicano-Americana[editar | editar a fonte]

A ocupación española durou tres séculos, até que Miguel Hidalgo, un relixioso da poboación de Dolores, proclamou o famoso "grito de Dolores", iniciando a Guerra da Independencia de México, que foi conquistada tres anos despois. Trala proclamación da independencia, o 27 de setembro de 1821, os conflitos que se produciron até final do século XIX dificultaron o desenvolvemento da cidade. Nos principios do referido século, a cidade expandiuse e naceron as primeiras "colonias" residenciais, mais trala revolución o seu crecemento poboacional aumentou.[24] As seguintes décadas foron seguidas por varios disturbios, ó tempo que diferentes faccións pelexaban polo control de México.[25]

A Batalla da Cidade de México, parte da Guerra Mexicano-Americana, refírese á serie de enfrontamentos ocorridos entre o 8 e o 15 de setembro de 1847, nos arredores da cidade. Inclúense as principais accións nas batallas de Molino del Rey e Chapultepec, culminando coa caída da Cidade de México. O Exército dos Estados Unidos, baixo o mando de Winfield Scott, tivo un gran éxito que terminou coa guerra. A invasión estadounidense do Distrito Federal mexicano foi rexeitada por primeira vez durante a Batalla de Churubusco, o 8 de agosto, cando o batallón de San Patrício, que estaba composto principalmente por irlandeses católicos e inmigrantes alemáns, mais tamén por canadenses, ingleses, franceses, italianos, polacos, escoceses, españois, suízos e mexicanos, loitou pola causa mexicana repelendo os ataques estadounidense. Despois da vitoria do Batallón de San Patrício, a Guerra Mexicano-Americana rematou despois de que os Estados Unidos levara máis unidades de combate a México, o que resultou na captura da Cidade de México e Veracruz pola 1ª, 2ª, 3ª e 4ª Divisións do Exército dos EUA.[26] A invasión culminou coa toma do Castelo de Chapultepec, na propia cidade.[27]

Durante esta batalla, o 13 de setembro, a 4ª División, baixo o comando de John A. Quitman, liderou o ataque contra Chapultepec e tomou o castelo. Os futuros xenerais confederados George E. Pickett e James Longstreet participaron no ataque. Na defensa mexicana serviron os cadetes máis tarde inmortalizados como Los Niños Héroes ("Os Nenos Heroes"). As forzas mexicanas marcharon de Chapultepec e retiráronse á cidade. Os ataques ás garitas de Belén e San Cosme viñeron despois. O Tratado de Guadalupe Hidalgo foi asinado no que é hoxe o extremo norte da cidade.[28]

Revolución Mexicana e período contemporáneo[editar | editar a fonte]

Francisco Villa e Emiliano Zapata entran na Cidade de México (1914).

Conflitos como a Guerra Mexicano-Americana, a Intervención Francesa e a Guerra da Reforma deixaron a cidade relativamente sen danos, especialmente durante o goberno do presidente Porfirio Díaz. Durante este período, a capital mexicana desenvolveu unha moderna infraestrutura, como estradas, escolas, alén de sistemas de comunicación e transporte. No entanto, o réxime concentrou recursos na cidade, mentres o resto do país quedaba na pobreza.

O rápido desenvolvemento levou á Revolución Mexicana.[25] O episodio máis significativo deste período para a cidade foi La decena trágica ("A decena Tráxica"), en 1913, un golpe de Estado contra o presidente Francisco I. Madero e seu vicepresidente, José María Pino Suárez. Victoriano Huerta, xeneral xefe do Exército Federal, viu unha oportunidade de tomar o poder, forzando a Madero e Pino Suárez a asinar as súas renuncias. Os dous foron asasinados máis tarde, mentres eran levados para a prisión.[29]

As forzas zapatistas, que estaban baseadas no estado veciño de Morelos, tiñan puntos fortes no extremo sur do Distrito Federal, que incluía Xochimilco, Tlalpan, Tláhuac e Milpa Alta para loitar contra os réximes de Victoriano Huerta e Venustiano Carranza. Tralo asasinato de Carranza e un curto mandato de Adolfo de la Huerta, Álvaro Obregón tomou o poder. Despois, disposto a ser reelixido, foi asasinado por José de León Toral, un católico devoto, nun restaurante preto do parque La Bombilla, en San Ángel, en 1928. Plutarco Elías Calles substituíu a Obregón e culminou a Revolución Mexicana.

A partir do inicio do século XX, desenvolvéronse novos planos urbanísticos e a cidade creceu aínda máis. O 19 de setembro de 1985, no entanto, a cidade foi arrasada por un forte terremoto de magnitude 8,1[30] na escala de Richter. Aínda que este sismo non fose tan mortal ou destrutivo como moitos sismos semellantes noutras partes de Asia e de América Latina,[31] probou ser un desastre político para o goberno unipartidista que comandaba México hai anos. O goberno foi paralizado pola súa propia burocracia e corrupción, forzando ós cidadáns comúns a crear e dirixir os seus propios esforzos de rescate para reconstruír gran parte das construcións destruídas.[32]

División administrativa[editar | editar a fonte]

O 5 de febreiro de 2016, a cidade trocou de nome, de Distrito Federal a Cidade de México, agora é unha nova entidade federal do país e deixou de ser un territorio federal.[33]

No ano 2018, as delegacións da Cidade de México, serán chamadas concellos.[34][35]

Delegación Poboación (2010)[36]
1 Álvaro Obregón 727 034
2 Azcapotzalco 414 711
3 Benito Juárez 385 439
4 Coyoacán 620 416
5 Cuajimalpa de Morelos 186 391
6 Cuautémoc 531 831
7 Gustavo A. Madero 1 185 772
8 Iztacalco 384 326
9 Iztapalapa 1 815 786
10 Magdalena Contreras 239 086
11 Miguel Hidalgo 372 889
12 Milpa Alta 130 582
13 Tlálhuac 360 265
14 Tlalpan 650 567
15 Venustiano Carranza 430 978
16 Xochimilco 415 007

Economía[editar | editar a fonte]

Na historia moderna do país, Cidade de México é o seu motor económico. A comezos do século XIX caracterizábase pola especialización no sector servizos e por un contorno de claro carácter agrícola. Ao longo do século foise desenvolvendo na cidade un potente sector industrial téxtil e papeleiro, centrándose nese sector as evolucións tecnolóxicas.

Entre as décadas de 1950 e 1980, a Cidade de México chegou a producir o 36% do Produto Interior Bruto nominal do país, porén ao longo dos anos foi perdendo peso específico representando a comezos do século XXI apenas o 25%. Esta mesma progresión seguiuna o número de postos de traballo que producía, pasando de dar traballo ao 45% dos traballadores da industria a aproximadamente o 33% de 1990.

Malia este claro retroceso, o PIB per cápita dos habitantes da Cidade de México segue sendo con diferenza o máis alto do país.

Deporte[editar | editar a fonte]

Como capital do país alberga gran parte das institucións deportivas do Estado, coma o Comité Olímpico Mexicano, a Escola Nacional de Educación Física ou a Escola Nacional de Adestradores Deportivos. Así como as principais instalacións deportivas, coma a Cidade Deportiva da Magdalena Mixiuhca, o Estadio Azteca ou o Estadio Olímpico Universitario.

A Cidade de México foi sede dos Xogos Olímpicos de 1968, converténdose na primeira cidade de Latinoamérica en ser sede olímpica. Tamén albergou distintos eventos internacionais como dous Mundiais de Fútbol en 1970 e 1986, dúas veces os Xogos Panamericanos (1955 e 1975) ou os Xogos Centroamericanos e do Caribe, en tres ocasións (1926, 1954 e 1990).

O deporte máis popular da cidade é o fútbol, existindo varios equipos que compiten na máxima categoría do país, o Club América, o Cruz Azul e o Club Universidad Nacional, máis coñecido como Pumas de la UNAM. O Estadio Azteca, casa do Club América, tamén é a sede da Selección de fútbol de México.

Na cidade tamén teñen ampla presenza outros deportes como o fútbol americano, con tres equipos na máxima categoría: as Águilas Blancas do IPN, os Burros Blancos do IPN e os Pumas CU da UNAM, o baloncesto co equipo Gansos Salvajes da UIC ou o automobilismo coa competición NASCAR.

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

A cidade forma parte da Unión de Ciudades Capitales Iberoamericanas e, ademais, a Cidade de México conta actualmente con 24 Convenios de Irmandamento e Amizade con cidades de América do Norte, América Latina, Europa e Asia, das cales 15 son capitais:[37][38]

Convenios de cooperación específica[editar | editar a fonte]

Ten asinados 13 Convenios de Cooperación Específica con 15 cidades de América do Norte, Asia, América Latina e Europa:[39]

Outros irmandamentos[editar | editar a fonte]

Tamén pertence á Unión de Ciudades Capitales Iberoamericanas (UCCI) que é unha asociación que agrupa a outras 29 cidades de Iberoamérica.[41]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A evidencia consiste nun enterramento no primeiro caso, e de lascas asociadas a restos de fauna extinta. Estimábase que tiñan ao redor de 10 000 anos de antigüidade. Cfr. Acosta Ochoa, 2007: 9.
  2. "El ADN de La Mujer del Peñón confirma el origen asiático del hombre americano". www.cronica.com.mx. Consultado o 20 de agosto de 2016. 
  3. "A historia da migración dese grupo indíxena que saíu de Aztlán -lugar do branco- para fundar México-Tenochtitlán, foi contada de diversas formas, tanto polos mesmos protagonistas como polos conquistadores e, en épocas actuais, por historiadores mexicanos e estranxeiros; por iso non existe un consenso para determinar a data exacta de cando este pobo se estableceu no medio do lago de Tetzcoco. Determinouse 1325; con todo, isto non é seguro por dúas causas: primeiro, porque as fontes documentais dannos varias datas e, segundo, porque aínda existe polémica sobre o cómputo do tempo utilizado polos mexicas no seu calendario. Entre as excepcións máis serias descualificando ese ano, está a de Nigel Davies, quen baseándose en cómputos feitos polos historiadores Wigberto Jiménez Moreno e Paul Kirchhoff, establece como data 1345.", en "No noso país exáltase o pasado mexica e discriminase aos indíxenas actuais", Boletín UNAM-DGCS-553, México, 16 de xullo de 2003, Universidade Nacional Autónoma de México.
  4. Ricky, Donald (1 de xaneiro de 2009). Native Peoples A to Z: A reference Guide to Native Peoples of the Western Hemisphere (en inglés). Native American Book Publishers. ISBN 9781878592736. Consultado o 4 de maio de 2017. 
  5. Johansson K., Patrick (18 de decembro de 2016). "La fundación de México-Tenochtitlan. Consideraciones “crono-lógicas”". Arqueología Mexicana. Consultado o 4 de maio de 2017. 
  6. 6,0 6,1 "Historia de Tlatelolco". El ombligo de la luna. Consultado o 28 de xuño de 2010. 
  7. "Los mexicas". Consultado o 28 de xuño de 2010. 
  8. Para un estudo sobre este cálculo véxase De Rojas, José Luís. "Cuantificaciones referentes a la ciudad de Tenochtitlán en 1519", en Historia Mexicana, El Colegio de México, vol. 66, núm. 4 (264). México, El Colegio de México.
  9. Moctezuma, Eduardo Matos (28 de xullo de 2016). Tenochtitlan. Fondo de Cultura Economica. ISBN 9786071640499. Consultado o 4 de maio de 2017. 
  10. 10,0 10,1 10,2 "Historia de la Ciudad de México" (en castelán). Consultado o 14 de outubro de 2008. 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 Marroqui, Jose Maria (1969). La Ciudad de Mexico. Cidade de México: Ayuntamiento del Distrito Federal. pp. 21–25. 
  12. "Conquistadors – Cortés. November 1519, The Most Beautiful Thing in the World". PBS. Consultado o 17 de abril de 2011. 
  13. "Conquistadors – Cortés. November, 1519 – Montezuma Arrested". PBS. Consultado o 17 de abril de 2011. 
  14. "Conquistadors – Cortés. June 1520 – Massacre at Tenochtitlán". PBS. Consultado o 17 de abril de 2011. 
  15. "Conquistadors – Cortés. December 1520 – Siege, Starvation & Smallpox". PBS. Consultado o 17 de abril de 2011. 
  16. "Conquistadors – Cortés. The Last Stand: An Aztec Iliad". PBS. Consultado o 17 de abril de 2011. 
  17. 17,0 17,1 17,2 17,3 Alvarez, Jose Rogelio (2000). "Mexico, Ciudad de". Enciclopedia de México (en castelán) 9. Encyclopædía Britannica. p. 5242.5260. 
  18. Edmundo O'Gorman, Reflexiones sobre la distribución urbana colonial de la ciudad de México, Mexico 1938, pp. 16ff.
  19. Magnus Mörner e Charles Gibson, "Diego Muñoz Camargo and the Segregation Policy of the Spanish Crown", Hispanic American Historical Review, vol. 42, pp. 558ff.
  20. Ida Altman, Sarah Cline, e Javier Pescador, The Early History of Greater Mexico, Pearson 2003, pp. 246-249.
  21. Noble David Cook, Born to Die: Disease and New World Conquest, 1492-1650. Nova York: Cambridge University Press 1998.
  22. Hamnett, Brian R. (1998). Concise History of Mexico. Port Chester, Nova York, USA: Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-58120-2. 
  23. 23,0 23,1 Ladd, Doris M (1998). Artes de Mexico Palacios de la Nueva España The Mexican Nobility. Cidade de Mexico: Artes de Mexico y del Mundo. pp. 84–86. ISBN 978-968-6533-61-3. 
  24. "Don Agustín de Iturbide". Consultado o 20 de outubro de 2008. 
  25. 25,0 25,1 "Mexico City History". Consultado o 17 de outubro de 2008. 
  26. "The Battle of Cerro Gordo". Consultado o 18 de outubro de 2008. 
  27. "The Storming of Chapultepec (General Pillow's Attack)". Consultado o 18 de outubro de 2008. 
  28. Richard Griswold del Castillo. "Treaty of Guadalupe Hidalgo". Arquivado dende o orixinal o 1 de febreiro de 2010. Consultado o 18 de outubro de 2008.  Parámetro descoñecido |ligazón_morta= ignorado (Axuda)
  29. "La Decena Trágica, febrero de 1913" (en castelán). Consultado o 19 de outubro de 2008. 
  30. Campus, Yunnven (19 de setembro de 2005). "A 20 años del sismo del 85" (en castelán). Cidade de México: Televisa. Consultado o 4 de outubro de 2008. 
  31. Moreno Murillo, Juan Manuel (1995). "The 1985 Mexico Earthquake". Geofisica Coumbia (Universidade Nacional de Colombia) (3): 5?19. ISSN 0121-2974. 
  32. Haber, Paul Lawrence (1995). "Earthquake of 1985". Concise Encyclopedia of Mexico. Taylor & Frances Ltd. pp. 179–184. 
  33. Goberno da Cidade de México, Diario oficial da Federación; 5 de decembro de 2016.
  34. Los municipios de DF., La Jornada, consultado; 5 de decembro de 2016.
  35. De delegaciones a alcaldías para 2018, El Universal, consultado; 5 de decembro de 2016.
  36. Catalogo de Localidades, SEDESOL, 10 de decembro de 2016.
  37. "Convenios de hermanamiento y amistad". Goberno da Cidade de México. 2017. Consultado o xaneiro de 2017. 
  38. http://www.internacionales.cdmx.gob.mx/images/publicaciones/CDMX%20INTERNACIONAL.pdf
  39. Gobierno de la Ciudad de México, ed. (2017). "Convenios de cooperación específica". Consultado o xaneiro de 2017. 
  40. https://coordinacionpolitica.sre.gob.mx/images/stories/acuerdos/df41.pdf
  41. Concello de Madrid, ed. (2017). "Ciudades Iberoamericanas". Consultado o 5 de setembro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]