Terremoto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Sismo")
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Epicentros de terremotos na Terra, 1963-1998 (cortesía NASA.

Un terremoto ou sismo é un fenómeno de vibración brusca e pasaxeira da codia da Terra, orixinado por movementos subterráneos de placas rochosas, de actividade volcánica, ou por movemento (migración) de gases no interior da Terra, principalmente metano. O movemento asociado é causado pola liberación rápida de grandes cantidades de enerxía na forma de ondas sísmicas.

O punto de orixe dun terremoto denomínase foco ou hipocentro. O epicentro é o punto da superficie terrestre que se atopa directamente sobre o hipocentro. Dependendo da súa intensidade e orixe, un terremoto pode causar desprazamentos da codia terrestre, corrementos de terras, tsunamis ou actividade volcánica. Para medir a enerxía liberada por un terremoto empréganse diferentes escalas, sendo a escala de Richter a máis coñecida e utilizada polos medios de comunicación.

Só nos Estados Unidos ocorren de 12 000 a 14 000 terremotos anualmente (ou sexa, aproximadamente 35 por día). En base a rexistros históricos de longo prazo, pódense esperar por ano aproximadamente uns 18 grandes terremotos (de 7,0 a 7,9 na escala de Richter) e un terremoto xigante (8 ou superior).

Causas[editar | editar a fonte]

Movementos das placas tectónicas globais.
Falla de Santo André. A posibilidade dun terremoto en California é unha das máis altas do mundo, tanto que xa se chama "The Big One" ao futuro sismo.

A causa dos terremotos atópase na liberación de enerxía na codia terrestre acumulada a consecuencia da actividade volcánica e tectónica, que se orixina principalmente nos bordos activos das placas tectónicas.[1][2]

Aínda que estas son as causas principais, hai outros factores que os poden orixinar:

Estes fenómenos xeran sucesos de baixa magnitude que adoitan atoparse no rango dos microsismos, tremores detectables só por sismógrafos. Denomínanse sismo inducido os sismos, normalmente de moi baixa magnitude, producidos como consecuencia dalgunha intervención humana que altera o equilibrio de forzas na codia terrestre. Entre as principais causas dos sismos inducidos están a construción de grandes encoro, o fracking[3] ou os ensaios de explosións nucleares.

Localización[editar | editar a fonte]

Distribución das principais placas tectónicas.

Os terremotos tectónicos adoitan ocorren en zonas onde a concentración de forzas xeradas polos límites das placas tectónicas dá lugar a movementos de reaxuste no interior e na superficie da Terra. Por este motivo os sismos de orixe tectónica están intimamente relacionados coa formación e actividade de fallas xeolóxicas. Comunmente acontecen ao final dun ciclo sísmico, período durante o que se acumula deformación no interior da Terra que máis tarde será liberada repentinamente. Esta liberación corresponde co terremoto, tras o que a deformación comeza a acumularse de novo.

A probabilidade de ocorrencia de terremotos dunha magnitude determinada nunha rexión concreta vén dada por unha distribución de Poisson. Así, a probabilidade de ocorrencia de k terremotos de magnitude M durante un período T nunha rexión está dada por:

onde

é o tempo de retorno dun terremoto de intensidade M, que coincide co tempo medio entre dous terremotos de intensidade M.

Propagación[editar | editar a fonte]

O movemento sísmico propágase mediante ondas elásticas (similares ás do son) a partir do hipocentro. As ondas sísmicas son de tres tipos principais:

  • Ondas lonxitudinais, primarias ou P: ondas de corpo que se propagan a velocidades de 8 a 13 km/s no mesmo sentido que a vibración das partículas. Circulan polo interior da Terra, onde atravesan líquidos e sólidos. Son as primeiras que rexistran os aparatos de medición ou sismógrafos.
  • Ondas transversais, secundarias o S. Son ondas de corpo máis lentas que as anteriores (entre 4 e 8 km/s). Propáganse perpendicularmente no sentido da vibración das partículas. Atravesan unicamente sólidos. Nos sismógrafos rexístranse en segundo lugar.
  • Ondas superficiais. Son as máis lentas: 3,5 km/s. Resultan da interacción das ondas P e S ao longo da superficie terrestre. Son as que causan máis danos. Propáganse a partir do epicentro. Son similares ás ondas que se forman sobre a superficie do mar. Nos sismógrafos rexístranse en último lugar.

Escalas[editar | editar a fonte]

Escalas de magnitudes[editar | editar a fonte]

Escalas de intensidades[editar | editar a fonte]

  • Escala de Mercalli, de 12 puntos, desenvolvida para avaliar a intensidade dos terremotos segundo os efectos e danos causados en distintas estruturas. Debe o seu nome ao físico italiano Giuseppe Mercalli.
  • Escala Medvédev-Sponheuer-Kárník, tamén coñecida como escala MSK ou MSK-64. É unha escala de intensidade macrosísmica usada para avaliar a forza dos movementos de terra baseándose nos efectos destrutivos en construcións humanas e no cambio de aspecto do terreo, así como no grao de afectación á poboación. Consta de doce graos de intensidade. O máis baixo é o número un. Para evitar o uso de decimais exprésase en números romanos.
  • Escala Shindo ou escala pechada de sete, coñecida como escala xaponesa. Máis que na intensidade do tremor, céntrase en cada zona afectada, en rangos entre 0 e 7.

Efectos dos terremotos[editar | editar a fonte]

Entre os efectos dos terremotos están a vibración do solo, abertura de fallas, deslizamentos de terra, tsunamis, mudanzas na rotación da Terra, alén de efectos destrutivos en construcións feitas polo ser humano, resultando en perda de vidas, feridos e altos prexuízos financeiros e sociais (como o desabrigo de poboacións enteiras, facilitando a proliferación de doenzas, fame etc).

Os dez peores terremotos da historia recente[editar | editar a fonte]

N.º Ano Magnitude Nome País Lugar e coordenadas
1 1960 9,5 MW[4][5] Terremoto de Valdivia de 1960 Flag of Chile.svg Chile Valdivia 38°14′24″S 73°3′0″O / -38.24000, -73.05000
2 1964 9,3 MW[6] Terremoto de Alaska de 1964[6] Estados Unidos de América Estados Unidos Anchorage, Alaska. 61°N 148°O / 61, -148
3 2004 9,1 MW[7] Terremoto do océano Índico de 2004 Flag of Indonesia.svg Indonesia Fronte ao norte de Sumatra
4 2011 9,0 MW[8] Terremoto e tsunami de Sendai de 2011 Flag of Japan.svg Xapón Costa de Honshu 38°19′19.20″N 142°22′8.40″L / 38.3220000, -142.3690000
5 1952 9,0 MW[9][10] Terremoto de Kamchatka de 1952 Unión Soviética Unión Soviética Península de Kamchatka 52°48′N 159°30′L / 52.800, -159.500
6 1868 9,0 MW[11] Terremoto de Arica de 1868 Flag of Peru.svg Perú Arica, actualmente Chile 18°36′S 71°0′O / -18.600, -71.000
7 1700 9,0 MW Terremoto de Cascadia de 1700 Estados Unidos de América Estados Unidos e Flag of Canada.svg Canadá California, Oregón, Washington e Columbia Británica
8 2012 8,9 MW Terremoto de Indonesia de 2012 Flag of Indonesia.svg Indonesia Indonesia Aceh 02°18′39.6″N 93°03′46.8″L / 2.311000, -93.063000
9 1833 8,8-9.2 MW Terremoto de Sumatra de 1833[12][13] Indias Orientais Neerlandesas No mar ao sur da illa de Sumatra, a 175 km ao sur de Padang 3°30′S 102°12′L / -3.500, -102.200
10 2010 8,8 MW Terremoto de Chile de 2010 Flag of Chile.svg Chile Cauquenes (provincia de Cauquenes)35°50′45.6″S 72°42′57.6″O / -35.846000, -72.716000

Notas[editar | editar a fonte]

  1. ¿Por qué se producen los terremotos?, ABC (23/02/2015)
  2. Martínez-López, M.R., Mendoza, C.,. "Acoplamiento sismogénico en la zona de subducción de Michoacán-Colima-Jalisco, México" (PDF). Boletín de la Sociedad Geológica Mexicana 68 (2): 199–214.  Parámetro descoñecido |año= ignorado (suxírese |ano=) (Axuda)
  3. «Fracking, studio su Science rilancia i timori: Causati decine di terremoti in Oklahoma.» Consultado el 06/07/2014 (en italiano)
  4. «El terremoto de Valdivia (Chile), del 21 y 22 de mayo de 1960», artigo en Angelfire.com, consultado o 23 de agosto de 2010.
  5. [1]
  6. 6,0 6,1 «Historic world earthquakes», artigo en Earthquake Hazards Program, consultado o 13 de maio de 2015 (en inglés)
  7. USGS Information Magnitude 9.1 - Off the West Coast of Northern Sumatra. (en inglés)
  8. «Significant earthquakes: magnitude 9.0, near the east coast of Honshu, Japan», artigo en U.S. Geological Survey Earthquake Hazards Program, consultado o 14 de marzo de 2011 (en inglés)
  9. «Historic earthquakes: Kamchatka», artigo en U.S. Geological Survey Earthquake Hazards Program, consultado o 4 de outubro de 2010 (en inglés)
  10. «Ficha del terremoto de Kamchatka de 1952», artigo en West Coast and Alaka Tsunami Warning Center, consultado o 4 de outubro de 2010 (en inglés)
  11. «Historic earthquakes: Arica, Perú (now Chile)», artigo en U. S. Geological Survey Earthquake Hazards Program, consultado o 23 de agosto de 2010 (en inglés)
  12. D. H. Natawidjaja et al.: «Source parameters of the great Sumatran megathrust earthquakes of 1797 and 1833 inferred from coral microatolls», artigo publicado na revista Journal of Geophysical Research, 111, 2006; consultado o 18 de agosto de 2010 (en inglés)
  13. «Ficha del sismo de Sumatra de 1833», artigo en National Geophysical Data Center, consultado o 18 de agosto de 2010 (en inglés)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]