Nagoia
| 名古屋市 (ja) | |||||
| Himno | Nagoya City Anthem (en) | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Símbolo oficial | Lilium (flor) Alcanforeira (árbore) | ||||
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Xapón | ||||
| Prefecturas | Prefectura de Aichi | ||||
| Capital de | |||||
| Capital | Naka-ku | ||||
| Contén a división administrativa | Atsuta-ku Chikusa-ku Higashi-ku (en) Kita-ku Meitō-ku Midori-ku Minami-ku Minato-ku (pt) Mizuho-ku (pt) Moriyama-ku Naka-ku Nakagawa-ku (pt) Nakamura-ku Nishi-ku (en) Shōwa-ku Tempaku-ku (pt) | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 2.326.844 (2021) | ||||
| Adeallo | 中京 | ||||
| Lingua usada | Nagoya dialect (en) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 326,43 km² | ||||
| Bañado por | Ise Bay (en) | ||||
| Punto máis alto | Mount Togoku (en) | ||||
| Comparte fronteira con | Nisshin Nagakute-shi Ama, Aichi Kitanagoya Tōgō-chō Ōharu-chō Toyoyama (pt) Kanie (pt) Kiyosu Owariasahi Seto Toyoake Kasugai Ōbu Tōkai Tobishima (pt) | ||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | Q106884185 | ||||
| Creación | 1 de outubro de 1889 | ||||
Evento clave
| |||||
| Organización política | |||||
| Órgano executivo | Nagoya City Hall (en) | ||||
| • Alcalde | Takashi Kawamura (en) Ichirō Hirosawa (en) | ||||
| Órgano lexislativo | Nagoya City Council (en) | ||||
| Membro de | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 460-8508 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Dominio de primeiro nivel | .nagoya | ||||
| Prefixo telefónico | 52 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | Pune Os Ánxeles (1959–) Cidade de México (1978–) Nanjing (1978–) Sydney (1980–) Toyota (1986–) Turín (2005–) Callao (2009–) Rikuzentakata (2014–) Reims (2017–) 臺中市 (2018–) Tashkent (2019–) | ||||
| Sitio web | city.nagoya.jp | ||||
Nagoia (en xaponés 名古屋市, なごやし, Nagoya-shi) é unha cidade e porto do Xapón, centro da terceira aglomeración do país tras Tokyo e Osaka, capital da prefectura de Aichi. En setembro de 2012, a cidade tiña unha poboación duns 2.266.693 habitantes, cunha densidade de 6.940 habitantes / km² nunha área de 326 km².
Situada no fondo da Baía de Ise, que se abre ao Pacífico, no centro da Illa de Honshu, goza desa posición estratéxica entre as dúas grandes megalópoles xaponesas, a de Tokyo ao nordeste e a de Osaka ao suroeste.
Ten a súa orixe na construción dun castelo en 1610 polo poderoso clan dos Tokugawa cando estabeleceron o réxime do terceiro shogunato no Xapón.
A cidade moderna coñecida como Nagoia (ás veces transcrito Nagoya) foi fundada oficialmente o 1 de outubro de 1889, após o período Edo. Nesas datas entre a restauración Meiji e o paso ao Xapón Imperial desenvólvese en Nagoia a porcelana de Kawana e conéctase a cidade coa rede de ferrocarril. Antes da IIGM convértese nun foco industrial produtor de automóbiles, e no transcurso da guerra, en 1945 foi completamente destruída.
En 2005 foi sede da Exposición Universal de Aichi en terreos ao nordés da cidade.
Economía
[editar | editar a fonte]Nagoia é o centro da Gran Nagoia, que representou case o 70% do superávit comercial do Xapón a principios deste século.
A principal industria é a do automóbil. A marca Lexus de Toyota, unha división de I+D de Mitsubishi Motors e moitos provedores como Denso, Aisin Seiki Co. Magna, PPG ou JTEKT teñen a súa sede en Nagoia ou nos suburbios.
Outras empresas importantes son NGK, Nippon SHARYO (fabricante dos trens bala eléctricos Shinkansen e Hoshizaki), Marukawa (alimenticia) e tamén unha considerable industria aeroespacial (Boeing, Pratt & Whitney, Bodycote, Kawasaki Hi, Spirit AeroSystems e Fuji Heavy Industries). A produción de robots é outra industria en rápido desenvolvemento. Ademais a robótica, a industria de enxeñaría de materiais tamén se está a desenvolver nesta área.
Noritake é unha empresa de cerámica, produción típica da zona desde o perído Edo. Os monicreques mecanizados, chamados "Karakuri Ningyo", son outra artesanía tradicional.

División administrativa
[editar | editar a fonte]O concello de Nagoya divídese en 16 barrios (ku 区):
- Atsuta-ku (熱田区, あつたく)
- Chikusa-ku (千種区, ちくさく)
- Higaxi-ku (東区, ひがしく)
- Quita-ku (北区, きたく)
- Meitou-ku (名東区, めいとうく)
- Midori-ku (緑区, みどりく)
- Minami-ku (南区, みなみく)
- Minato-ku (港区, みなとく)
- Mizugho-ku (瑞穂区, みずほく)
- Moriiama-ku (守山区, もりやまく)
- Naka-ku (中区, なかく)
- Nakagawa-ku (中川区, なかがわく)
- Nakamura-ku (中村区, なかむらく)
- Nixi-ku (西区, にしく)
- Xouwa-ku (昭和区, しょうわく)
- Tenpaku-ku (天白区, てんぱくく)
Universidades
[editar | editar a fonte]- Universidade de Nagoya (名古屋大学)
- Instituto de technoloxía de Nagoya (名古屋工業大学)
- Universidade da prefectura de Aichi (愛知県立大学)
- Universidade da cidade de Nagoya (名古屋市立大学)
- Universidade de Nanzan (南山大学)
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]
Os Ánxeles (1959)
Cidade de México (1978)
Sidney (1980)
Turín (2005)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial da cidade de Nagoia (en xaponés).
- Sitio web oficial da cidade de Nagoia (en castelán).
- Sitio web oficial da cidade de Nagoia (en portugués).
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
