Kingstown
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Coordenadas: 13°09′28″N 061°13′30″O / 13.15778, -61.22500
Kingstown | |
---|---|
Vista de Kingstown desde Fort Charlotte | |
Localización | |
País | ![]() |
Illa | San Vicente |
Parroquia | Saint-George |
Xeografía | |
Altitude | 1 msnm |
Demografía | |
Poboación | 24.518 hab. (2005) |
Densidade | hab/km² |
Kingstown é a capital de San Vicente e as Granadinas, un pequeno Estado insular no Mar das Antillas. A súa poboación en 2005 era de 24.518 habitantes. Está situada na illa de San Vicente.
Comunicacións[editar | editar a fonte]
A cidade de Kingstown está atendida polo Aeroporto Ebenezer Theodore Joshua, localizado no concello veciño de Arno Vales, coa que hai voos frecuentes até outras illas como Barbados, Granada ou Trinidad e Tobago.
Sitios de interese[1][editar | editar a fonte]
- Xardín botánico (8 hectáreas), creado en 1763. Curiosamente era o sitio do destino da HMS Bounty antes de que ocorrese o motín[2].
- Fort Charlotte: é un forte que domina acidade desde uns 200 metros de altura. Foi construído polos británicos en 1806, encima dun cantil, con a idea de poder rexeitar os ataques dos indios caribes.
- Catedral de San Xurxo: Catedral da igrexa anglicana, edificada a inicios do século XIX.
- Catedral de Santa María: catedral da igrexa católica romana, erguida en 1935.
Economía[editar | editar a fonte]
Kingstown basea a súa economía no turismo e na preparación, para exportar, de produtos agrícolas locais como son as bananas, as marantas ou o algodón.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ www.aux-antilles.fr
- ↑ "Sitio do goberno de SVG". Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2008. Consultado o 10 de xullo de 2008.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kingstown ![]() |