Sinaloa
Sinaloa | ||
---|---|---|
Estado Libre y Soberano de Sinaloa | ||
| ||
Lema: La tierra de los once ríos El Estado agrícola | ||
Estado | ![]() | |
Forma de goberno | Estado federado | |
• Total | 58 200 km² | |
• Total | 2 966 321 hab. | |
• Densidade | 48,2 hab./km² | |
Fuso horario | UTC-6 | |
Código ISO | MX-SIN[1] | |
Sinaloa, oficialmente chamado Estado Libre y Soberano de Sinaloa, é un dos trinta e un estados que, xunto coa Cidade de México, forman os Estados Unidos Mexicanos. A súa capital e cidade máis poboada é Culiacán Rosales.
Está situado na rexión noroeste do país, limitando ao norte con Sonora e Chihuahua, ao leste con Durango, ao sur con Nayarit e ao oeste co golfo de California ou mar de Cortés (océano Pacífico). Foi fundado o 14 de outubro de 1830.
É o estado agrícola máis importante da Federación, o que fixo que se alcumase como «o graneiro de México».[2][3] Adicionalmente, conta coa segunda frota pesqueira máis grande do país.
Culturalmente, é coñecido a nivel nacional e incluso mundial pola súa música típica, a Banda ou Tambora. A Ulama, versión rexional do xogo de pelota prehispánico, practícase aínda no estado.
Divídese en 18 municipios. A súa capital é Culiacán. Outras localidades importantes son Mazatlán, Los Mochis, Guasave, Guamúchil, Escuinapa, El Fuerte, Sinaloa de Leyva, El Rosario, San Ignacio de Piaxtla e Choix.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Statoids. "Mexico States". Consultado o 7 de maio de 2020.
- ↑ Victor Rochín (2018). "Sinaloa, considerado como el granero de México".
- ↑ Consejo para el Desarrollo Económico de Sinaloa, ed. (2016). "Sinaloa, vamos mucho más allá de la agricultura".
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sinaloa |
![]() |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |