Nuevo León
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | México | ||||
| Capital | Monterrei | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 5.189.970 (2015) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 64.156 km² | ||||
| Bañado por | Río Grande, América do Norte | ||||
| Altitude | 243 m | ||||
| Punto máis alto | Cerro Potosí (pt) | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 1824 | ||||
| Organización política | |||||
| • Gobernador | Jaime Heliódoro Rodríguez Calderón (2018–) | ||||
| Órgano lexislativo | Congreso de Nuevo León Circunscrición: 26, (Escano: 42) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 64,66,67 | ||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | MX-NLE | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | nl.gob.mx | ||||
Nuevo León, oficialmente Estado Libre e Soberano de Nuevo León, é un dos 31 estados, que xunto coa Cidade de México, conforman as entidades federais de México. O estado limita cos estados mexicanos de Tamaulipas, Coahuila, Zacatecas e San Luis Potosí, e ten unha fronteira internacional extremadamente estreita co estado estadounidense de Texas. Cunha poboación de 5,78 millóns de habitantes, é a sétima entidade federal máis poboada de México e a décimo cuarta máis densamente poboada segundo datos de 2020. Nuevo León é a décimo terceira meirande entidade federal de México por área, con 64.156 km2.[1][2]
Monterrei é a cidade máis poboada de Nuevo León e a novena meirande cidade de México, así como a capital do estado. Monterrei forma parte da área metropolitana de Monterrei, a segunda meirande área metropolitana do país por superficie e cun estimado de 5,3 millóns de habitantes.[3] Arredor do 92% da poboación do estado vive na área metropolitana.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "DATA NUEVO LEÓN | N.L. Aspectos Geográficos de Nuevo León" (en castelán). Consultado o 2021-05-26.
- ↑ "Medio Físico - Nuevo León". www.inafed.gob.mx. Arquivado dende o orixinal o 10 de xullo de 2022. Consultado o 2021-05-26.
- ↑ Flores, Lourdes. "Zona Metropolitana de Monterrey es la segunda más poblada de México: Inegi". El Economista. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2021. Consultado o 2021-05-27.
