Mundial de Fútbol México 1986

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Copa Mundial de Fútbol de 1986")
Copa Mundial da FIFA 1986
México '86
Azteca. Balón oficial do mundial
Detalles do torneo
Organizador Flag of Mexico.svg México
Datas 31 de maio29 de xuño
Equipos 24 (de 121 participantes)
Sedes 12 (de 9 cidades)
Resultado
Campión Flag of Argentina.svg Arxentina
Subcampión Alemaña Alemaña Occidental
Terceiro Francia Francia
Cuarto Bélxica Bélxica
Estatísticas
Partidos 52
Goles 132 (2,54 por partido)
Asistencia 2.393.031 (46.020 por partido)
Goleador Inglaterra Gary Lineker (6)
Mellor xogador Flag of Argentina.svg Diego Maradona
Mellor porteiro
Xogo limpo
◄◄ España España 1982   Soccerball.svg   Italia 1990 Italia ►►

A Copa Mundial da FIFA 1986 (en castelán: México '86) foi a edición número trece do Campionato Mundial de fútbol de seleccións, a competición máis importante deste deporte. O torneo, organizado por México, disputouse entre o 31 de maio e o 29 de xuño de 1986. A campioa foi Arxentina, que gañaría o mundial "da man" de Diego Armando Maradona.