Gustavia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gustavia
StBarths3.JPG
Vista de Gustavia
Localización
Saint-Barthélemy Island topographic map-fr.svg
País Flag of France.svg Francia
Colectividade de ultramar Saint-Barthélemy
Demografía
Poboación 2.615 hab. (2010)
Densidade hab./km²
Outros datos
Código postal 97133

Gustavia é a principal cidade e capital da illa de San Bartolomeu (a miúdo abreviado como Saint-Barth en francés, ou St. Barts en Inglés) . Debe o seu nome ao rei Gustavo III de Suecia.

Historia[editar | editar a fonte]

Saint-Barthélemy foi reclamada por primeira vez por Francia, en 1648. A illa foi cedida a Suecia a cambio dos dereitos comerciais en Gotemburgo en 1784 e Suecia fundou a Svenska Västindiska Kompaniet. Prosperou durante as Guerras Napoleónicas, perdeu potencial a partir de entón, e a illa foi vendida a Francia en 1878.

O lugar foi chamado primeiro Le Carénage polo refuxio que proporcionaba aos buques danados. De acordo aos arquivos o nome Gustavia apareceu entre o 28 de decembro 1786 e o 9 de febreiro de 1787. Gustavia permanece como un reflexo do período sueco.

Construíronse tres fortes a mediados e finais do século XVII protexendo o porto: Oscar (antes Gustav Adolf), Karl e Gustav. A Igrexa Anglicana Episcopal fronte á baía foi construída en 1855.

Servizos[editar | editar a fonte]

As localizacións de Fort Karl, con vistas a Shell Beach ao sur da cidade, e Fort Gustav, na base do faro cara ao norte, son populares entre os excursionistas. Fort Oscar, na punta da península de Gustavia, alberga a Xendarmería. Hai un museo ao final da estrada Victor Schoelcher na península. Gustavia ten algúns restaurantes que serven gastronomía americana, italiana, francesa e de outros tipos. Gustavia ten moitas boutiques de alta gama que son unha fonte esencial de ingresos para a illa, e un dos hoteis máis luxosos de clase alta da illa. Hai un Real Consulado de Suecia en Gustavia (Cónsul Dantes Magras).

Clima[editar | editar a fonte]

Gustavia
Vista de Gustavia

O clima é tropical con só pequenas variacións na temperatura. A pequena superficie da illa de só 24 km² permítelle gozar dun clima suave e agradábel provocado polos ventos alisios. As temperaturas medias de auga e aire móvense ao redor dos 27 °C, o ano divídese en dúas estacións: unha seca, coñecida como a Coresma (Careme), e unha máis húmido no inverno. Esta última tempada sucede entre maio e novembro, e o omnipresente sol está nubrado por pasaxes curtos de nubes de choiva con breves períodos de choiva de 10 a 15 minutos. De acordo co sistema da Clasificación climática de Köppen Gustavia ten un clima tropical seco, abreviado "Aw" nos mapas climáticos.[1]

Economía[editar | editar a fonte]

A moeda oficial de San Bartolomé é o euro.

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. "Gustavia, Saint Barthélemy Köppen Climate Classification". Weatherbase.com. Consultado o 2015-06-19. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Goberno
Información xeral

Coordenadas: 17°53′52.47″N 62°51′2.0″O / 17.8979083, -62.850556