Rebelión

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
"Rebelión para unha esperanza" do artista mexicano Mauricio García Vega.

Unha rebelión[1][2] é, na maioría dos casos, unha manifestación de rexeitamento á autoridade. Isto pode variar desde a desobediencia civil ata un intento organizado e armado de destruír a autoridade estabelecida. O termo tamén se usa para facer referencia á resistencia armada dun grupo insubordinado fronte a un goberno estabelecido. Aqueles quen participan nunha rebelión, son denominados rebeldes.

Un termo similar é o de sedición,[3][4] que se entende como un grao menor de rebelión. O motín[5][6] pode entenderse, en termos militares e mariños, como unha rebelión localizada nunha unidade ou barco, pero tamén como un termo máis xenérico. Os conceptos ou termos que teñen un contido semántico máis amplo son os de revolta ou levantamento.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.