Tabasco
Coordenadas: 17°58′20″N 92°35′20″O / 17.97222, -92.58889Tabasco, oficialmente chamado Estado Libre e Soberano de Tabasco, é un dos trinta e un estados que, xunto coa Cidade de México, conforman México.[1][2]
A súa capital e cidade máis poboada é Villahermosa.
Está situado no sueste do país. Limita ao norte co golfo de México (océano Atlántico); ao leste, con Campeche; ao sueste, con Guatemala; ao sur, con Chiapas, e ao oeste, con Veracruz.[3][4] Cunha superficie de 24 738 km², é o oitavo estado menos extenso, por diante de Estado de México, Hidalgo, Querétaro, Colima, Aguascalientes, Morelos e Tlaxcala.
Historia[editar | editar a fonte]
Tabasco significa, en náhuatl, lugar onde a terra está húmida. É un territorio cuberto de espesos bosques e selva, con caudalosos ríos e zonas lacustres. En Tabasco desenvolvéronse dúas culturas: a olmeca e a maia, coa fundación de grandes cidades como Comalcalco e Pomoná.[5]
Foi fundado o 7 de febreiro de 1824.[Cómpre referencia]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Víctor Chávez (22 de xaneiro de 2016). "DF no es el estado 32, aclaran legisladores". El Financiero. Consultado o 13 de xaneiro de 20202.
- ↑ "Artículo 44 de la Constitución Política de los Estados Unidos Mexicanos" (PDF). Suprema Corte de Justicia de la Nación. 29 de xaneiro de 2016. Consultado o 13 de xaneiro de 2022.
Texto vigente a la última reforma publicada en el Diario Oficial de la Federación el 29 de enero de 2016. La reforma a este artículo, así como al 43 y 122 de la misma constitución, y el texto vigente del Art. 1º de la Constitución local, afirman su carácter de entidad federativa, más no de estado, en virtud de su condición de capital de la república.
- ↑ SEGOB. "Enciclopedia de los Municipios de México". Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2011. Consultado o 13 de xaneiro de 2022.
- ↑ cuentame.inegi.org.mx. "Superficie de Tabasco". Consultado o 13 de xaneiro de 2022.
- ↑ Larrocha 2010, p. 95-98.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tabasco ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Larrocha, Svetlana (2010). El mundo maya reconstruído (en castelán). Mérida (México): Dante. ISBN 9789706054524.
![]() |
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|