Pobo irlandés
Pobo irlandés | ||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Poboación | ||||||||||||||||
Poboación total: c 70–80 millóns[1] | ||||||||||||||||
Rexións principais: | ||||||||||||||||
![]() | 4 581 269 (2011) | |||||||||||||||
![]() | 1 810 863 (2011) | |||||||||||||||
Total na illa de Irlanda | 6 392 132 (2011) | |||||||||||||||
![]() | (+) 40 000 000[2] | |||||||||||||||
![]() | 14 000 000[3] | |||||||||||||||
![]() | 7 000 000 | |||||||||||||||
![]() | 4 544 870[4] | |||||||||||||||
![]() | 1 000 000[5] | |||||||||||||||
![]() | 600 000[6] | |||||||||||||||
![]() | 600 000[7] | |||||||||||||||
Aspectos culturais | ||||||||||||||||
Lingua | Irlandés, inglés, escocés do Ulster e shelta | |||||||||||||||
Relixión | Catolicismo e protestantismo |
O pobo irlandés (en irlandés: Muintir na hÉireann, na hÉireannaigh ou na Gaeil) é un grupo nacional, cultural e etnolongüístico nativo da illa de Irlanda.
Irlanda está habitada dende hai máis de 9 000 anos segundo os estudos arqueolóxicos. Durante a maior parte da historia documentada de Irlanda, os irlandeses foron principalmente un pobo gaélico. Os anglo-normandos conquistaron partes de Irlanda no século XII. A partir dos séculos XVI e XVII, o Reino de Inglaterra reconquistou e colonizou Irlanda, traendo consigo un gran número de escoceses das Terras Baixas e ingleses, que ocuparon principalmente o norte da illa.
Hoxe en día Irlanda está dividida en dúas partes: unha é a República de Irlanda (un estado independente) e a outra é Irlanda do Norte (que forma parte do Reino Unido). A súa poboación combinada era de 6 392 132 segundo o censo de 2011. Porén, estímase que hai entre 70 e 80 millóns de persoas en diferentes países que teñen ascendencia irlandesa, feito que converte a diáspora irlandesa nunha das meirandes do mundo. Historicamente, a emigración en Irlanda foi resultado de graves problemas económicos e fames, especialmente entre os séculos XVIII e XIX.
As persoas de ascendencia irlandesa poden atoparse principalmente en países de fala inglesa, especialmente no Reino Unido, nos Estados Unidos de América, no Canadá e Australia. Tamén son significativas as poboacións na Arxentina e México. Nos Estados Unidos está a poboación máis numerosa, mentres que Australia ten a meirande porcentaxe de descendentes de irlandeses de todo o mundo en relación co total da súa poboación[8]. Así mesmo, moitos islandeses teñen antepasados irlandeses e escoceses[9].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ The Scottish Diaspora and Diaspora Strategy: Insights and Lessons from Ireland
- ↑ American FactFinder, United States Census Bureau. "Selected Social Characteristics in the United States: 2007". Consultado o 26 de marzo de 2016.
- ↑ BBC News (ed.). "One in four Britons claim Irish roots". Consultado o 26 de marzo de 2016.
- ↑ "2011 National Household Survey: Data tables". Consultado o 26 de marzo de 2016.
- ↑ "An Irish Argentine in the Easter Rising". Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2016. Consultado o 26 de marzo de 2016.
- ↑ "The Irish in Mexico". Consultado o 26 de marzo de 2016.
- ↑ "The Irish in New Zealand: Historical Contexts and Perspectives". Consultado o 26 de marzo de 2016.
- ↑ Oireachtasdebates.oireachtas.ie (ed.). "Dáil Éireann - 29/Apr/1987 Ceisteanna — Questions. Oral Answers. - Australian Bicentenary". Consultado o 26 de marzo de 2016.
- ↑ Ann C. Humphrey. "They Accuse Us of Being Descended from Slaves". Settlement History, Cultural Syncretism, and the Foundation of Medieval Icelandic Identity. Rutgers University, 2009.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pobo irlandés ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Irish ancestors en Ireland.com (en inglés)