Guerrero, oficialmente Estado Libre e Soberano de Guerrero, é un dos 31 estados, que xunto coa Cidade de México, conforman as entidades federais de México. O estado está dividido en 81 concellos e a súa cidade capital é Chilpancingo. O estado ten unha poboación de arredor de 3.5 millóns de persoas (2020). Atópase no suroeste de México e limita cos estados de Michoacán polo norte e oeste, o Estado de México e Morelos polo norte, Puebla polo nordeste e Oaxaca polo leste. Ademais da súa capital, Chilpancingo as meirandes cidades do estado son Acapulco, Petatlán, Ciudad Altamirano, Taxco, Iguala, Ixtapa e Zihuatanejo. Hoxe, é o fogar de varias comunidades indíxenas, incluíndo os nahuas, mixtecos, tlapanecas, amuzgos e antigamente cuitlatecas. Tamén é o fogar de comunidades de afromexicanos na rexión da Costa Chica.
↑"Estado de Guerrero Nomenclatura". Enciclopedia de los Municipios de México(en castelán). México: Instituto Nacional para el Federalismo y el Desarrollo Municipal. 2005. Arquivado dende o orixinal o 6 de marzo de 2012. Consultado o 24 de xuño de 2010.