Saint George's
| St. George's (en) | |||||
| Epónimo | Xurxo de Capadocia | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Reinos da Commonwealth | Granada, Caribe | ||||
| Paróquia (pt) | Saint George | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 33.734 (2025) | ||||
| Lingua oficial | lingua inglesa Crioulo inglês de Granada (pt) | ||||
| Xeografía | |||||
| Bañado por | Mar Caribe | ||||
| Altitude | 30 m | ||||
| Creación | 1650 | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 473 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||

Saint George's é a capital do pequeno estado insular de Granada, no mar Caribe. A súa poboación era de 4.318 habitantes en 2006, que contando cos do conxunto da aglomeración urbana alcanza máis de 33.000 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A capital, con porto sobre o mar, está arrodeada por terra dun outeiro, que forma parte do cráter dun antigo volcán. Ademais do porto marítimo, as comunicacións internacionais están servidas por medio do Aeroporto Pointe Salines.
A súa economía, en boa medida baseada no turismo, ten como outro dos piares a exportación de produtos tropicais: cacao, noz moscada e unha especia derivada desta última, o macis.
Historia
[editar | editar a fonte]St. George's foi fundada por franceses en 1650. Logo da retirada de Bridgetown, en Barbados, a mediados da década de 1880, St. George's tornouse a capital da colonia británica das Illas de Barlovento (en inglés Windward Islands).
No ano 2004, St. George's, e o resto de Granada, ficaron severamente damnificadas a consecuencia do paso do Furacán Iván. A axuda internacional, no ano seguinte, contribuíu a paliar os efectos e realizáronse traballos de reconstrución axeitados.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]- Fort George, baluarte obra dos franceses, de 1705.
- Catedral católica, edificada en 1818.
- Igrexa anglicana, construída en 1825.
- Museo Nacional de Granada.
- Edificio do Parlamento, tamén coñecido como York House, que acolle as dúas cámaras de repreesntantes e máis o Tribunal Supremo (Supreme Court).
- O pazo do Gobernador Xeral.
- O complexo fortificado de Fort Frederick.
- O mercado de St. Georg's.
- A praia de Grande Anse, con centros comerciais e hoteis nas proximidades.
- O estadio de Queen's Park, que acolleu a copa mundial de crícket do 2007.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Saint George's |
