Belmopán
| Belmopan (en) | ||||
| Epónimo | río Belize e Rio Mopan (pt) | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| ||||
| Reinos da Commonwealth | Belize | |||
| Distrito | Distrito de Cayo | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 20.754 (2022) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 32.780.000 m² | |||
| Bañado por | río Belize | |||
| Altitude | 76 m | |||
| Creación | 1 de agosto de 1970 | |||
| Organización política | ||||
| • Xefe do goberno | Khalid Belisle (en) Pablo Cawich (2024–) | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Prefixo telefónico | 8 | |||
| Outro | ||||
| Irmandado con | Taipei (2019–) | |||
| Sitio web | belmopancityonline.com | |||
Belmopán (oficialmente en inglés Belmopan), é a capital do país centroamericano de Belize. Cunha poboación estimada de 14 590 habitantes en 2006, é unha das capitais de estado máis pequenas do mundo.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O nome da cidade é un acrónimo dos ríos Belize e o seu afluente o Mopán, que practicamente se unen ao pé da capital.
Historia
[editar | editar a fonte]Belmopán foi edificada logo de que Belize City, situada na costa caribeña, fose destruída de feito por un Ciclón tropical en 1961. En 1962 elixiuse a localización da nova cidade nun planalto próximo ao val do río Belize, a unha altitude de só 76 metros, a 82 km cara ao interior da antiga capital. Para a elección do lugar tívose en conta que estivese ao abrigo de furacáns e que as temperaturas eran máis suaves que no litoral.
O goberno foi desprazado para Belmopán en 1970, mais, nos primeiros tempos, a poboación de Belize City non o seguiu, pois a creación da nova cidade ex nihilo pareceu utópica. Felizmente, numerosos países decidiron colocar a súa embaixada en Belmopán, o que animou un tanto a vida da pequena cidade[1]. Hoxe en día, hai instaladas en Belmopán arredor de 200 empresas, feito facilitado pola creación dunha zona industrial de máis de 80 ha, a fin de atraer poboación.
Sitios a ver
[editar | editar a fonte]Tendo en conta o pequeno tamaño e a pouca idade de Belmopán, a cidade non posúe un verdadeiro patrimonio arquitectónico e cultural. Pódese salientar o edificio da Asemblea Nacional inspirado en templos maias. Téntase atraer o turismo creando vastos espazos verdes.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Guide Lonely Planet Guatemala et Belize, 1998
