Estado de Guanajuato

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaEstado de Guanajuato
Guanajuato (es) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 21°01′08″N 101°15′46″O / 21.0189, -101.2628Coordenadas: 21°01′08″N 101°15′46″O / 21.0189, -101.2628
EstadoMéxico Editar o valor em Wikidata
CapitalGuanajuato Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Pénjamo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación5.853.677 (2015) Editar o valor em Wikidata (191,25 hab./km²)
Lingua usadaChichimeca Jonaz (en) Traducir
Querétaro Otomi (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Bajío (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Superficie30.607 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude2.072 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1823 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Governador (pt) Traducir Editar o valor em WikidataMiguel Márquez Márquez Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoCongress of Guanajuato (en) Traducir Circunscrición: 22, (Escano: 36) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal36, 37, 38xxx Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
ISO 3166-2MX-GUA Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webguanajuato.gob.mx Editar o valor em Wikidata

O Estado de Guanajuato, é un dos 31 estados do México, localizado no centro do país, e facendo fronteira cos estados mexicanos de Xalisco, San Luis Potosí, Zacatecas Durango, Querétaro e Michoacán. A súa área é de 30.589 km² e a súa poboación é de 4 656 760 habitantes. A capital do Estado é a cidade de Guanajuato. A súa principal fonte de renda é a minaría de prata (o Estado posúe unha das maiores reservas mundiais deste mineral), entre outros como estaño, ouro, cobre, chumbo e mercurio.

Ten unha extensión territorial de 30.491 km². Por esta extensión ocupa o vixésimo segundo lugar entre as entidades de México. É maior que Nayarit, Estado de México, Tabasco, Querétaro, Aguascalientes, Colima, Hidalgo, Morelos, Tlaxcala e o Distrito Federal. Se se compara a súa extensión coa doutras entidades, Guanajuato cabe oito veces en Chihuahua e é sete veces máis grande que Tlaxcala.

O estado de Guanajuato conta con 46 municipios e cada un deles ten unha localidade na que se acha a denominada cabecera municipal, onde se asenta o goberno do municipio.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A verba Guanajuato remóntase ao século XIII ou XIV, cando os purépechas ou tarascos chegaron e ocuparon o que actualmente é o Estado de Michoacán e a parte sur do Estado de Guanajuato. O pobo purépecha acostumaba bautizar os lugares coas súas características físicas, coa abundancia dalgunha planta ou material en específico.

A palabra Guanajuato provén dos vocábulos Kuanasï e Uato da lingua purépecha. O nome significa "Lugar montuoso de ras" ou "cerro de ras". Puxéronlle este nome debido a que os cerros que se encontran arredor da cidade de Guanajuato, aos antigos purépechas pareceulles que tiñan forma de ras.

Historia[editar | editar a fonte]

Zona arqueolóxica de Plazuelas, Pénjamo, lugar onde se desenvolveu a cultura chupitaro.

Os habitantes máis antigos do estado, segundo estudos recentes, puideron ser os chupícuaros; á chegada dos españois, os otomís e os chichimecas eran os grupos que habitaban a rexión.

O feito máis destacable da historia estatal (e tamén feito nacional importante) foi o acontecido na madrugada do 16 de setembro de 1810, nunha pequena localidade de Los Altos, chamada Dolores (actualmente Dolores Hidalgo). O cura Miguel Hidalgo, guanajuatense nado en Pénjamo, e os seus compañeiros independentistas levantáronse en armas contra o réxime virreinal, lanzando o famoso Grito de Dolores.

Xa consumada a independencia iniciada por Miguel Hidalgo, o territorio converteuse nun estado libre e soberano por decreto do 3 de febreiro de 1824.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.