Bridgetown

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 13°06′21″N 59°36′47″O / 13.10583, -59.61306

Bridgetown
City of Bridgetown, Barbados Armorial bearing.jpg
Bridgetown, Barbados..JPG
Localización
Bridgetown en Barbados
Bridgetown
Bridgetown
País Barbados Barbados
Parroquia Saint Michel
Xeografía
Altitude 1 msnm
Superficie 40 km²
Demografía
Poboación 110.000 hab. (2014)
Densidade 7.300 hab/km²
Suburbios de Bridgetown, ao fondo o seu porto

Bridgetown é a capital do pequeno estado-illa de Barbados, sito nas Antillas. A cidade, en sentido estrito, ten uns 7.000 habitantes, mais a poboación da súa área metropolitana acadaba os 96.578 no ano 2006. Situada sobre o Mar Caribe, está na parte sur-occidental da illa, na baía de Carlslile.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A cidade de Bridgetown e mais a área do Greater Bridgetown ("Grande Bridgetown") ocupan a maior parte da parroquia de Saint Michael, cunha superficie de arredor de 39 km². O centro da cidade era orixinariamente un pantano, que foi drenado e logo reenchido para gañar espazo para o o temperán desenvolvemento da vila.

No corazón de Bridgetown sitúanse o río Constitution e o Careenage, o amplo estuario do mesmo río, que acolle o porto. Este curso de auga fornece de acceso directo o centro a iates medianos e a pequenos botes de recreo. Aínda que pouco profundo, o Careenage divide Bridgetown en dúas partes. Durante a estación das choivas o río Constitution desbórdase na area de Careenage, actuando como zona de descarga das augas das tormentas do interior da illa.

Clima[editar | editar a fonte]

O clima da capital, como o de Barbados, é de tipo tropical. A media das temperaturas mensuais non baixa do 20 °C, aínda que as mínimas extremas poden achegarse até os 16 °C. As medias altas dos meses de verán adoitan superar os 30 °C. As precipitacións medias anuais atinxen 2.896 mm.

Historia[editar | editar a fonte]

A cidade foi fundada polos británicos en 1628 e recibiu o nome de St. Michel. Aínda que a illa estaba nesa altura deshabitada, atoparon restos dunha ponte construída por indios caribes no Careenage, talvez aravacos, vidos probabelmente desde a próxima illa de Santa Lucía. En 1654 os británicos construíron unha nova ponte sobre o Careenage e o lugar pasou a coñecerse como The Town of Saint Michael, para algo máis tarde pasar a denominarse Bridgetown ("a cidade da ponte"), que foi o nome que perdurou.

Bridgetown é a única cidade insular de América do Norte que foi visitada por George Washington. A casa na que morou daquela, coñecida hoxe como George Washington House, forma parte na actualidade da Garrison Historic Area.

Desde 1800 até 1885, Bridgetown foi a residencia habitual do gobernador das Barbados e das denominadas colonias británicas das Illas de Barlovento. Despois de 1885, aínda que seguíu a existir oficialmente o cargo de gobernador, a residencia foi trasladada para Saint George, na illa de Granada.

Economía[editar | editar a fonte]

Bridgetown é un importante centro financeiro no Caribe. Ten algún banco propio salientable, como é o Barbados Stock Exchange, pero hai oficinas de coñecidos bancos estranxeiros. Conta tamén coa bolsa de negocios máis importante das Antillas.

Unha das maiores fontes de ingresos é o turismo. Exporta ron, azucre e melaza.

Puntos de interese[editar | editar a fonte]

  • A National Heroes Square ("praza dos Heroes", antes Trafalgar Square), coa estatua de Nelson, erguida en 1813, e Fountain Garden.
Edificio do Parlamento
Estatua de Nelson
  • O edificio do Parlamento de Barbados.
  • A catedral de Saint Michael e a súa praza.
  • A igrexa anglicana de St. Mary.
  • A catedral católica de St. Patrick.
  • A sinagoga xudía.
  • Queen's Park.
  • O Museo de Barbados.
  • O mercado de Cheapside e os seus xardíns.
  • A Área Histórica de Garrison.

Comunicacións[editar | editar a fonte]

Bridgetown ten diarios desde o Aeroporto Internacional Grantley Adams sito en Seawell, Christ Church, ao que se accede pola estrada ABC.

A cidade comunica coas localidades máis importantes da illa por medio das estradas principais. Hai liñas regulares de autobuses, que saen de puntos distintos da cidade. Hai tamén autobuses públicos urbanos e servizo de taxis.

O movemento polo mar está regulado pola Barbados Port Authority.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]