Zapatismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Zapatistas do Exército Libertador do Sur a comezos do século XX.

O Zapatismo é o termo empregado para referirse para referirse ao movemento encabezado por Emiliano Zapata, un dos líderes da Revolución Mexicana. As súas ideas foron postas en práctica no Plano de Ayala de 1911. As doutrina zapatista baséase nun repartimento xusto da terra, sendo unha prioridade que esta pase ás mans dos campesiños que a traballan, eliminando así o traballo servil e o caciquismo. Un dos seus lemas "a terra volverá a quen a traballa coas súas mans" pasou a ser o estandarte do agrarismo mexicano.

O termo "zapatista" tamén se empregou para referirse aos membros de Exército Libertador do Sur, encabezado polo propio Zapata. Dende 1994 tamén designa aos membros e simpatizantes do EZLN, (Exército Zapatista de Liberación Nacional), aos que tamén se denomina neozapatistas.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.