The Valley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 18°13′15″N 63°03′06″O / 18.22083, -63.05167

The Valley
Wallblake House
Localización
País Reino Unido
RexiónTerritorio Británico de Ultramar
Xeografía
Altitude9 msnm
Demografía
Poboación1 067 hab. (2011)
Densidadehab/km²


The Valley é a capital de Anguila, no mar Caribe, e a maior localidade da illa. No censo de 2011 contaba cunha poboación de 1 067 habitantes. Está situada na baía de Crocus Bay, no centro do litoral noroeste da illa.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

A poboación ten escasos exemplos de arquitectura colonial, debido ao traslado da administración colonial de Anguila para Saint Kitts e Nevis en 1825. Fica como bo exemplo a Wallblake House, construída en 1787 e usada actualmente como dependencia da igrexa adxacente. En The Valley consérvase unha histórica prisión sita a menos de 100 m de altura sobre o nivel do mar.

A oficina turística de Anguila na localidade é unha antiga construción, que en tempos servía para almacenar o algodón, que logo era exportado para Inglaterra.

Comunicacións[editar | editar a fonte]

The Valley posúe o Aeroporto Wall Blake, desde o cal se poden realizar algúns voos internacionais; hai voos diarios aos aeroportos internacionais de Antigua, Saint Martin, Saint Thomas e Porto Rico. As instalacións están sitas na parte sur da cidade, na zona denominada Long Ground.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]