Philipsburg
Philipsburg | ||
---|---|---|
Philipsburg | ||
Vista de Great Bay cara a Phillipsburg, capital de St. Maarten | ||
Localización | ||
País | ![]() | |
Estado soberano | Países Baixos | |
País constituínte | Sint Maarten | |
Demografía | ||
Poboación | 1.327 (2011) |
Philipsburg é a cidade principal e Capital do país de Sint Maarten. A cidade está situada nunha estreita franxa de terra entre Great Bay e Great Salt Pond. Funciona como o centro comercial da illa de San Martiño, da cal, Sint Maarten abarca a metade sur. En 2011 tiña ten 1.327 habitantes.
A illa foi avistada por primeira vez por Cristovo Colón o 11 de novembro de 1493, pero xa era un asentamento arauaco antes do seu descubrimento. Philipsburg foi fundada en 1763 por John Philips, un capitán escocés na mariña holandesa; o asentamento pronto converteuse nun centro bulicioso de comercio internacional. Dous fortes históricos dan testemuño da importancia estratéxica de Philipsburg na historia de San Martiño: Fort Amsterdam e Fort Willem.[1]
A principal zona comercial, a rúa Front, está no corazón da cidade. Philipsburg tamén ten un porto que é visitado por moitos cruceiros, barcos como Celebrity Solstice ', Princesa, Disney Magic, e desde 2010, Oasis of the Seas .
Princess Juliana International Aeroport[editar | editar a fonte]
Mundialmente famoso polas súas fotografías coas aeronaves aterrando xusto encima da praia, o Aeroporto Internacional Princesa Xuliana (IATA: SXM, OACI: TNCM), ao oeste de Philipsburg, converteuse para moitos nunha razón en se mesma para visitar Sint Maarten.
Debido á súa curta pista (2.180 metros), os avións en aproximación á pista teñen que voar a altitudes inusualmente baixas, sobrevoando a menos de 10-20 metros sobre a veciña Maho Beach.
O chorro do reactor que liberan as aeronaves que saen é tamén outra "atracción", xa que crea ondas artificiais. Con todo, o chorro dun reactor é fisicamente perigoso polo que os espectadores teñen que actuar con cautela. As autoridades locais puxeron un aviso na cerca do aeroporto para alertar á xente sobre os perigos dos chorros dos reactores.
Clima[editar | editar a fonte]
Esta área ten unha estación seca pronunciada. De acordo co sistema de Clasificación climática de Köppen, Philipsburg ten un clima tropical seco, abreviado "Aw" sobre os mapas climáticos.[2]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Philipsburg ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Coordenadas: Cidade 18°01′25″N 63°02′45″O / 18.0237, -63.0458