Road Town

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 18°26′00″N 64°37′00″O / 18.43333, -64.61667

Road Town
Road Town
Roadtown, Tortola.jpg
Road Town, Tortola
Localización
280px
País Flag of the United Kingdom.svg Reino Unido
Territorio de ultramar Illas Virxes Británicas
Xeografía
Altitude 10 msnm
Demografía
Poboación 12.603 hab. (2012)
Densidade hab/km²
Outros datos
Código postal VG1110
Páxina oficial

Road Town, atópase localizada na illa de Tórtola e é a Capital das Illas Virxes Británicas. A cidade atópase situada na parte central da costa sur da illa, nun porto con forma de ferradura que recibe o nome de Harbour Road. A poboación era aproximadamente 9.400 habitantes en 2004.[1]

O nome da cidade procede do término náutico "the roads", que vén do término inglés roadstead (rada en galego), que é un lugar menos abrigado que un porto, pero ao que os barcos poden acceder facilmente. Unha superficie de 28 Hectáreas foi gañada ao mar, recibe o nome de Wickhams Cay[2] e converteuse nun centro turístico[3][4]. O edificio máis antigo de Road Town, The Old HM Prison situada na rúa principal, data de 1840.

Road Town é un dos principais centros de fletamento de barcos no Caribe, é a sé da administración mariña de Tórtola, que se atopa localizada no porto deportivo de Road Reef e na que atracan as dúas principais compañías de fletamento de buques que operan en Road Town.

Clima[editar | editar a fonte]

As Illas Virxes Británicas gozan dun clima tropical, moderado polos ventos alisios. As temperaturas varían pouco ao longo do ano. Na capital, Road Town, a máxima diaria típica é do redor 32 °C no verán e 29 °C no inverno. Os mínimos diarios típicos son de ao redor de 24 °C no verán e 21 °C no inverno. As precipitacións medias son sobre 1150 mm ao ano, algo máis alto nos outeiros e algo máis baixo na costa. As precipitacións poden ser moi variables, pero os meses máis húmidos, son de setembro a novembro e os meses máis secos, son febreiro e marzo. Os furacáns de cando en vez golpean as illas, a tempada de furacáns vai de xuño a novembro.

Datos climáticos para Virgin Gorda, Illas Virxes Británicas
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 33 32 32 35 34 35 35 36 35 33 33 31 36
Media máxima en °C 26 27 28 29 29 30 31 31 30 29 28 27 28,8
Media mínima en °C 20 19 20 21 22 23 23 23 23 22 22 21 21,6
Temperatura mínima en °C 17 16 16 17 18 18 19 19 16 18 17 16 16
Precipitación media mm 74,2 63,2 55,4 84,6 116,6 70,6 83,1 112 156 133,4 178,8 112 1 239,9
Fonte: Intellicast[5]

Transporte e turismo[editar | editar a fonte]

Road Town é un dos principais centros de alugueiro de iates no Caribe. Moitas empresas exitosas de iates charter operan en Road Town. Tamén poden verse a miúdo cruceiros atracados aquí.

O porto é un punto de partida popular para moitos dos transbordadores que serven á illa. A terminal de ferri atópase no extremo suroeste de Road Town. Os ferries funcionan durante o día, todos os días da semana, e de cando en cando pola noite.

Road Town está servida polo único aeroporto importante das Illas Virxes Británicas, Terrance B. Lettsome International Airport (IATA: EIS, ICAO: TUPJ), na Illa Beef, dentro dun curto traxecto en coche desde a cidade.[6] Só están dispoñibles voos de curto percorrido desde este aeroporto, os voos de longa distancia son atendidos polo Cyril E. King Airport nas Illas Virxes Estadounidenses (IATA: STT ICAO: TIST).

"Autobus" en Tórtola significa camionetas de pasaxeiros de gran tamaño, ou grandes camionetas modificadas con asentos e a parte superior de lona, estas son coñecidas localmente como "safaris". Viaxar en autobús pode ser menos custoso que coller un taxi, e é a miúdo unha opción cando se viaxa desde o aeroporto a Road Town, ou desde os pobos dos extremos da illa.

Historia[editar | editar a fonte]

O 1 de agosto de 1834, leuse a Proclamación de Emancipación.

En 1853, un incendio na cidade destruíu case todos os edificios en Road Town. O lume propagouse por alborotadores enfurecidos que protestaban polo aumento no imposto sobre o gando. Os manifestantes finalmente incendiaron a maior parte das plantacións da illa.

Límites xeográficos[editar | editar a fonte]

Hai unha certa ambigüidade en canto á precisa extensión xeográfica de Road Town. Achegándose á cidade desde o oeste, un cartel na parte inferior do outeiro Slaney recibe aos visitantes a Road Town. Pero os tradicionalistas afirman que a cidade en si só se inicia a partir de Road Reef e Fort Burt, e que por tanto o Prospect Reef Hotel que cobre case toda a superficie entre Slaney Hill e Road Reef, non está tecnicamente en Road Town.

Achegándose a Road Town desde o leste, hai unha ambigüidade similar se Road Town comeza na rotonda de Port Purcell debaixo de Fort George, ou se tamén inclúe Baughers Bay.

Fort Burt e Fort George foron os marcadores históricos dos límites occidental e oriental da cidade, que se beneficiou da protección da Coroa.

Imaxes[editar | editar a fonte]

Parte interior do paseo marítimo, en Road Town, Tórtola 
Antiga casa do goberno 
Rúa principal 
Harney Westwood & Riegels 
A vella prisión de HM 
Edificio do consello Lexislativo 
A vella oficina postal 
Conyers Dill & Pearman e as Esmeraldas Colombianas 
a sé de bmobile nas IVB 
Tenda na Rúa Principal 

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]