Plymouth, Montserrat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Plymouth, Montserrat
Plymouth
Plymouth Montserrat Heli.jpg
Localización
Montserrat
Plymouth
Plymouth
País Flag of Montserrat.svg Montserrat
Parroquia Santo Antonio
Xeografía
Altitude 0 msnm
Demografía
Poboación 0 hab.
Outros datos
Código postal non dispoñíbel
Alcalde non dispoñíbel
non dispoñíbel

Playmouth é unha cidade abandonada e de facto, a capital de Montserrat. A cidade foi evacuada por mor dunhas erupcións do volcán de Soufrière Hills que comezaron en 1995. Por séculos, Plymouth foi o único porto de entrada da illa.

Historia[editar | editar a fonte]

Plymouth no 1999.
12 de xullo de 1997.

Comezando en xullo de 1995, unha serie de erupcións enormes no volcán Soufrière Hills enviaban fluxos piroclásticos e cinza a unha ampla área do sur de Montserrat, incluíndo Plymouth. Era inmediatamente claro que a cidade estaba en perigo; o 21 de agosto de 1995, piroclasto caía en Plymouth, e en decembro os residentes eran evacuados como precaución. Meses despois, os residentes tiñan permitido volver á cidade, pero o 25 de xuño de 1997, unha erupción masiva producía ondadas piroclásticas que mataron a 19 persoas e alcanzaban case ó aeroporto da illa no lado oriental de esta. Plymouth foi outra vez evacuada.

Entre o 4 e 8 de agosto, outra serie de erupcións destruía aproximadamente un 80% da cidade, enterrándoo baixo 1,4 metros de cinza. Este material quente queimaba moitos dos edificios, facendo case imposible a vida dunha grande porción dos residentes.

Os fluxos piroclásticos, lava, cinza e outros tipos de rocha volcánica eran na súa maioría compactos, o que fixo que conseguiran unha densidade similar á do formigón. A eliminación de isto requiriría o uso de explosivos, bulldozers e outros recursos demasiado caros para o uso estendido. Ademais, prevíase que a terra debaixo do barro endurecido e lava sería completamente non-arable pola calor dos fluxos piroclásticos.[1] Plymouth era abandonada e a metade sur da illa era considerada unha zona de exclusión a causa da actividade volcánica que continuaba. O goberno da illa movíase a Brades, aínda que Plymouth seguía sendo de jure a capital do país. En 2013, comezaba a construción dun novo porto e capital do país co nome de Little Bay, na costa norte da illa.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Clima[editar | editar a fonte]

Datos climáticos para Plymouth
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °F (°C) 90
(32)
91
(33)
93
(34)
93
(34)
97
(36)
99
(37)
99
(37)
99
(37)
97
(36)
93
(34)
99
(37)
91
(33)
99
(37)
Media máxima en °F (°C) 84
(29)
86
(30)
88
(31)
88
(31)
90
(32)
90
(32)
91
(33)
91
(33)
90
(32)
88
(31)
86
(30)
84
(29)
88
(31,1)
Media mínima en °F (°C) 73
(23)
73
(23)
75
(24)
75
(24)
75
(24)
77
(25)
77
(25)
77
(25)
75
(24)
75
(24)
75
(24)
73
(23)
75
(24)
Temperatura mínima en °F (°C) 63
(17)
64
(18)
64
(18)
64
(18)
66
(19)
70
(21)
72
(22)
72
(22)
70
(21)
66
(19)
66
(19)
64
(18)
63
(17)
Precipitación media polgadas (mm) 4,8
(122)
3,39
(86)
4,41
(112)
3,5
(89)
3,82
(97)
4,41
(112)
6,1
(155)
7,2
(183)
6,61
(168)
7,72
(196)
7,09
(180)
5,51
(140)
64,57
(1 640)
Fonte: BBC Weather [2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. The difficulty of exhuming a smothered urban centre is illustrated by the history of the extinct towns of Pompeii and Herculaneum, which were buried by pyroclastic flows and volcanic ash under circumstances similar to those that pertained at Plymouth. Archeological excavation at the Roman sites continues after centuries and may never be completed.
  2. "Average Conditions Plymouth, Montserrat". BBC Weather. Consultado o 14 de xullo de 2010.