Xochimilco

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 19°16′30″N 99°08′20″O / 19.27500, -99.13889

Trajinera nunha canle de Xochimilco.

Xochimilco (AFI: [sotʃimilko]) é unha das 16 delegacións da Cidade de México e atópase ao sur xeográfico deste mesmo. O seu territorio conta cunha área duns 122 quilómetros cadrados, sendo o terceiro maior do distrito. Xochimilco ten fama grazas á súa extensa rede de canles sobre os restos do antigo lago Xochimilco. A xente pode facer viaxes sobre as coloridas trajineras entre chinampas cubertas de flores nos canais de Xochimilco. Hoxe en día é unha atracción turística popular. Nun das canles foron disputadas as competicións de piragüismo e remo nos Xogos Olímpicos da Cidade de México de 1968. Xochimilco está inscrito na lista do Patrimonio da Humanidade da UNESCO no 1987.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.