Sonora
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | México | ||||
| Capital | Hermosillo | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 2.850.330 (2015) | ||||
| Lingua usada | lingua castelá Lingua o'odham Lingua guarijío Lingua névome Lingua mayo Lingua tubar Lingua seri cocopah (pt) Lingua yaqui Língua troque copala (pt) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 179.503 km² | ||||
| Altitude | 592 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 1831 | ||||
| Organización política | |||||
| • Gobernador | Alfonso Durazo Montaño (en) | ||||
| Órgano lexislativo | Congreso de Sonora Circunscrición: 21, (Escano: 33) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 83-85 | ||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | MX-SON | ||||
| Sitio web | sonora.gob.mx | ||||
Sonora é un dos 31 estados de México que se atopa no norte de México. A súa capital e cidade máis poboada é Hermosillo. Limita cos estados mexicanos de Chihuahua polo leste, Sinaloa polo sur e Baixa California polo noroeste, co mar de Cortés ou golfo de California (océano Pacífico) polo oeste e cos Estados Unidos polo norte. Con 179 503 km² é o segundo meirande estado, por detrás de Chihuahua, e con 14,83 hab/km², o quinto menos densamente poboado, por detrás de Campeche, Chihuahua, Durango e Baixa California Sur. Foi fundado o 10 de xaneiro de 1824.
O territorio está conformado por catro provincias fisiográficas: a Serra Madre Occidental, as Serras e Vales Paralelos no centro, o deserto e a costa do golfo de California. Está composto principalmente por desertos semiáridos e pradeiras, onde só nas zonas máis altas se produce chuvia de abondo para manter outros tipos de vexetación.
É fogar de oito pobos indíxenas, entre eles os mayos, os yaquis e os seris. Foi economicamente importante pola agricultura, a gandería (en especial de vacún) e a minería dende o período colonial, e pola súa situación como estado fronteirizo dende a Intervención estadounidense en México. Despois da venda de La Mesilla, Sonora perdeu máis dun cuarto do seu territorio. Dende o século XX até o presente, a industria, o turismo e os agronegocios dominaron a economía, o cal atraeu migración doutras partes de México.
Divídese en 72 concellos e algunhas das localidades máis importantes son Ciudad Obregón, Navojoa, Caborca, Guaymas, Puerto Peñasco, Nogales, Agua Prieta, San Luis Río Colorado, Nacozari de García e Cananea.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en castelán)
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
