Saltar ao contido

San Salvador, O Salvador

San Salvador, O Salvador
 Nome orixinal
    San Salvador (es)   Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    San Salvador (es)   Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
Salvadoraise (fr)  
Sansalvadoreña (es)  
Capitalino (es)  
Sansalvadoreño (es)  
Salvadorais (fr)  
Capitalina (es)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe satelital
Vista nocturna
Imaxe
Fotomontaxe
 Parte de
 Epónimo
Características
 Lingua oficial
Implicados
 Xefe do goberno
Datas
 Fundación / creación
1 de abril de 1525 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Historia
 Substitúe
Señorío de Cuzcatlán (valor descoñecido - 1528) Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 OpenStreetMap
Mapa
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
415.346 (1992) censo
316.090 (2007) censo
330.543 (2024) censo Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   72,25 km² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   670 m Editar o valor en Wikidata
 Fuso horario
Códigos e identificadores
Código postal01101 Editar o valor en Wikidata
OpenStreetMap6462027 Editar o valor en Wikidata
VIAF127829532 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/0ftfw Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
BNE: XX452050
Wikidata G:Commons C:Commons

San Salvador é a capital política e económica da república do Salvador, ademais da Sede do Goberno Central e a sede do Arcebispado. San Salvador é a cidade máis poboada do país e a segunda cidade máis grande de América Central, con 2.224.223 habitantes censados no ano 2006. A cidade foi nomeada en honor a Xesús Cristo, baixo o título do "Divino Salvador do Mundo". Xeograficamente, San Salvador está localizada no val de Las Hamacas, chamado así polo gran número de sismos que nel se producen.

Datos Xerais

[editar | editar a fonte]

Ten unha poboación de 2.224.223 habitantes no Gran San Salvador, que comprende o municipio de San Salvador e a súa área metropolitana. Conformada por outros 13 municipios que conforman unha unidade administrativa urbana, e en termos prácticos forman a Cidade Capital ou AMSS (Área Metropolitana de San Salvador). O centro da cidade está a unha altitude de 658 metros sobre o nivel do mar.

O 27 de setembro de 1546 foi estendida a cédula real, que lle outorgou o título de Cidade á vila de San Salvador na cidade de Guadalaxara, cuxas xestións outorgáronselle a Alonso de Oliveros, quen como procurador chegou ante a Corte de España para xestionar o título de Cidade.

Oliveros participou na conquista e pacificación do Reino de Guatemala e estivo na fundación da Vila de San Salvador na Bermuda, onde desempeñou varios cargos no Concello Municipal da época.

San Salvador foi unha das primeiras cidades da Real Audiencia de Guatemala, en América no ano que se nomeou a cidade só existían co título Santiago da provincia de Guatemala, Puerto Trujillo e Gracias a Dios en Honduras e Granada e León en Nicaragua.

Segundo dados históricos, Oliveros puxo dedicación e empeño para que a Vila de San Salvador, obtivera o título de cidade e convertérase nun dos focos irradiadores de civilización do Continente americano.

A mediados de 1551 fundouse o primeiro convento de Santo Domingo, dirixido pola Orde de San Domingos, dirixido polos frades Tomás da Torre, Vicente Ferre e Matía da Paz; en 1574 fundouse o da Orde de San Francisco dirixido polo frade Xoán Vico e en 1625 o da Mercede, berce da independencia de Centroamérica.

En 1786, creouse a Intendencia de San Salvador, dividida en quince distritos, sempre dependente das autoridades do reino de Guatemala. A súa área sempre foi a mesma que a da alcaldía maior. Foi en San Salvador onde se deu o primeiro grito de Independencia de Centroamérica, soando as campás da Igrexa da Mercede polo crego da independencia o frade Xosé Matías Delgado un 5 de novembro de 1811, data conmemorada con actos cívicos ata hoxe. Pero non foi ata o 21 de setembro de 1821 que chegou a San Salvador a novidade da independencia de Centroamérica.

O 3 de xuño de 1822, tropas ás ordes do xeneral Manuel Xosé Arce, derrotaron ao exército imperial ó mando do Xral. Vicente Filísola, despois de oito oras de sanguenta loita na batalla de Mexicanos, cando San Salvador fora sometida polos imperialistas mexicanos.

Caído o imperio mexicano, Centroamérica constituíuse na República Federal e O Salvador foi un dos seus Estados. O 12 de xuño de 1824 San Salvador foi erixida en capital do Estado do Salvador. De marzo ata setembro de 1828, resistiu invita o sitio que lle impuxo o exército federal.

San Salvador foi capital da Federación Centroamericana de 1834 a 1839 e foi destruída polo terremoto do 16 de abril de 1854 e durante a colonia, os pobos salvadoreños foron destruídos polos desastrosos terremotos de 1575, 1592, 1625, 1648, 1719 e 1815.

Durante a sanguenta guerra civil que sufriu O Salvador (1980-1992) os rebeldes da esquerda intentaron prender a capital en dúas oportunidades (1981 e 1989) sen logralo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]