Brades

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brades
WelcomeCenterBrades.jpg
Cartel de Benvida
Localización
Montserrat (Regno Unito).gif
País Flag of the United Kingdom.svg Reino Unido
Territorio Británico de Ultramar Montserrat
Demografía
Poboación 1.000 hab. (2009)
Densidade hab./km²

Brades (tamén Brades Estate (poboación aproximada de 1000 habitantes) é un pobo e de facto a Capital da illa caribeña de Montserrat desde 1998.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

A capital oficial de Montserrat en Plymouth no sur da illa foi abandonada en 1997 logo de ser enterrada pola erupción do volcán Soufriere Hills. Os edificios de goberno provisionais se construíron en Brades, converténdose na nova capital en 1998. A medida foi pensada inicialmente para ser temporal, pero mantívose e é a capital de facto da illa desde entón.[2] Suxeríronse varios nomes para a nova capital que agora estase construíndo na zona de Little Bay. Estes inclúen Porto Diana, en memoria de Diana, Princesa de Gales,[3] e St Patrick, para conmemorar os Levantamento do 17 de marzo e para atraer a turistas irlandeses-americanos. En apoio dos Xogos Olímpicos de 2012 en Londres, a Escola Primaria de Brades participou nun "proxecto especial" pola paz mundial "que foi revelado nos Xogos, na que presentaron unha colcha que simbolizaba a paz, incluíndo unha representación da bandeira de Montserrat.[4]

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa

Brades atópase no extremo noroeste de Montserrat. Atópase ao norte de San Pedro e Bunkum Bay, nas proximidades da Baía de Carr e Little Bay. A estrada principal da illa alcanza o seu punto máis ao norte na baía de Carr e logo diríxese ao sueste, pasando polo aeroporto no centro da illa.[5] A vila de Davy Hill atópase a veira da estrada principal ao nordeste; O río Collins pasa entre os asentamentos e desemboca en Little Bay. Ao nordeste de Brades, no centro, a illa convértese en outeiros, alcanzando unha altura de 403 m no pico de Silver Hill.[6]

Economía[editar | editar a fonte]

A guía Frommer dixo da cidade: "En xeral, vostede obterá o sentido dunha pequena comunidade galvanizada nas novas formas de autosuficiencia e cooperación, cun grande énfases nas visitas relacionadas cos negocio dos equipos de construción británicos e as axencias de axuda internacional".[7] Brades contén varias pequenas tendas, un banco, unha sucursal do Royal Bank of Canada na estrada principal de Brades,[8] oficinas gobernamentais, unha oficina de correos, unha biblioteca e unha farmacia.[9] Runaway Travel, é a maior e máis completa axencia de viaxes de Montserrat ten a base en Brades.[7]

A empresa Gas Grant Enterprises and Trading ten as súas oficinas en Brades, do mesmo xeito que Montserrat Airways e o Padroado de Turismo de Montserrat.[10] As Cámaras do Procurador Xeral sitúase no nº 3 da Praza Farara en Brades.[11] Restaurantes coñecidos na zona son o Soca Cabana, unha choza de praia en Little Bay, que vende pratos de polo e peixe con música Reggae en vivo as noites dos venres, Peoples´s Place unha cabana na cima do outeiro azul e Tina na estrada principal de Brades que serve lagosta, hamburguesas, allo, camaróns, pastel de crema de coco e cervexa de xenxibre.

Scuba Montserrat, dirixido polos mergulladores con certificados PADI, Emmy Aston e Andrew Myers, atópase en Little Bay, preto da entrada do porto, é un lugar notable para o buceo na illa. Ofrecen cursos de mergullo e snorkel, facendo excursións en barco a Rendezvous Bay ao norte e alugando kayaks bipraza. [12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Leonard, T. M. (2005). Encyclopedia of the Developing World. Routledge. pp.1083. ISBN 978-1-57958-388-0
  2. Jonnard, M. Jonnard Claude M.; Jonnard, Claude M. (November 2009). Islands in the Wind: The Political Economy of the English East Caribbean. iUniverse. ISBN 978-1-4401-9426-9. 
  3. "Montserrat Asks to Re-name Capital after Diana". BBC. Consultado o 20 September 2014. 
  4. Booth, Trish (3 April 2014). LIVING MY DREAM: A Children's Wish for Peace. p. 231. ISBN 978-1-4918-8758-5. 
  5. Modelo:Google maps
  6. Druitt, Timothy H.; Kokelaar, B. Peter (2002). The Eruption of Soufrière Hills Volcano, Montserrat, from 1995 to 1999. Geological Society of London. p. 5. ISBN 978-1-86239-098-0. 
  7. 7,0 7,1 Frommer's (29 May 2012). AARP Caribbean. John Wiley & Sons. p. 90. ISBN 978-1-118-26665-6. 
  8. Nash, KC. (15 April 2011). Antigua, Barbuda & Montserrat Travel Adventures. Hunter Publishing, Inc. p. 73. ISBN 978-1-58843-705-1. 
  9. Lonely Planet Antigua, Barbuda & Montserrat: Chapter from Caribbean Islands Travel Guide. Lonely Planet. 1 January 2012. p. 61. ISBN 978-1-74321-081-9. 
  10. South America, Central America and the Caribbean 2002 (10 ed.). Psychology Press. 2001. p. 568. ISBN 978-1-85743-121-6. 
  11. Nicholls, Clive; Montgomery, Clare; Knowles, Julian B.; Anand Doobay; Mark Summers (14 March 2013). Nicholls, Montgomery, and Knowles on The Law of Extradition and Mutual Assistance. Oxford University Press. p. 784. ISBN 978-0-19-969281-1. 
  12. Lonely Planet Antigua, Barbuda & Montserrat: Chapter from Caribbean Islands Travel Guide. Lonely Planet. 1 January 2012. p. 60. ISBN 978-1-74321-081-9. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]