Distrito Federal
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
Distrito Federal e o nome que se da a unha cidade ou a un territorio que ten por función ser a capital dun país que se organice baixo o sistema de federación. A cidade escollida para Distrito Federal non se subordinará a ningunha unidade federativa (provincia ou estado) veciña - ningunha provincia ou estado terá xurisdición sobre ela. E tamén non pode ser, simultaneamente, capital de ningunha outra unidade da federación, para que se preserve os principios de autonomía das unidades federativas, e tamén de igualdade entre as mesmas. Conforme determine a constitución de cada país, os distritos federais poden ter o seu gobernante nomeado polo goberno federal, ou elixido pola súa poboación. Cando se muda a capital dun país organizado baixo o sistema federativo, o territorio da nova capital é destacado xeograficamente dunha ou máis provincias e pasa a ter, a partir do momento da creación da nova capital, un status administrativo diferenciado. Foi o que ocorreu no Brasil co a creación de Brasilia, separada administrativamente do veciño estado de Goiás.
Algúns exemplos de Distrito Federal son:
- Washington DC, nos Estados Unidos (que non se subordina ós veciños estados de Maryland e Virxinia);
- Brasilia, no Brasil;
- a cidade de Buenos Aires, na Arxentina, que non se subordina á veciña provincia de Buenos Aires;
- a Cidade de México, capital de México;
- a cidade de Caracas, en Venezuela.