Seúl
Coordenadas: 37°33′59.33″N 126°58′40.69″L / 37.5664806, -126.9779694
Seúl | |||
---|---|---|---|
서울 | |||
Vista da cidade. | |||
Localización | |||
País | ![]() | ||
Rexión | Sudogwon | ||
Xeografía | |||
Altitude | 18 msnm | ||
Superficie | 605,52 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 10.924.870 hab. (2006) | ||
Densidade | 17.219 hab/km² | ||
Outros datos | |||
Alcalde | Park Won-soon | ||
http://www.seoul.go.kr/ |
Seúl (서울; hangul, 서울특별시; hanja, 서울特別市; romanización revisada, Seoul Teukbyeolsi; McCune–Reischauer, Sŏul T'ŭkpyŏlsi) é a capital e meirande metrópole de Corea do Sur. É unha megacidade cunha poboación de máis de 10 millóns de habitantes.[1] A Área da Capital de Seúl, que inclúe á metrópole de Incheon na provincia de Gyeonggi, é a segunda área metropolitana máis poboada do mundo, cunha poboación de 25,6 millóns de persoas,[2] sendo o fogar da metade dos surcoreanos e 632.000 residentes internacionais.[3]
Situada á beira do río Han, a historia da cidade abrangue máis de 2.000, dende a súa fundación no ano -18 por Baekje, un dos Tres reinos de Corea. Continuou como capital de Corea durante a dinastía Joseon e o Imperio de Corea. A área metropolitana de Seúl contén catro lugares Patrimonio da Humanidade: Changdeokgung, a Fortaleza de Hwaseong, Jongmyo e as Tumbas reais da dinastía Joseon.[4] Seúl está rodeada por montañas, sendo a máis alta Bukhansan, o parque nacional máis visitado do mundo por metro cadrado.[5] Seúl foi votado como o destino turístico máis desexable polos turistas chineses, xaponeses e tailandeses durante tres anos consecutivos entre 2009 e 2011[6] con máis de 10 millóns de visitantes internacionais no 2012.[7]
Historia[editar | editar a fonte]
A Historia urbana de Seúl comezou cando Onjo, fillo do rei de Koguryo, no norte de Corea, fundou o reino de Paekche no 18 a.C, establecendo a capital en torno a un castelo na beira norte do río Han (preto do monte Acha), Habuk Wiryeseong. Catro anos despois trasládana a beira sur, Hanam Wiryeseong (nos arredores do actual Estadio Olímpico), onde reinou o seu irmán Biryu. Cambiou o nome polo de Hanseong ata que cae no poder do reino de Silla en 757, que a chama Hanyang; despois Yangju durante o reino Koryo e Namgyong cara o século XI.
A historia moderna de Seúl comezou en 1394 cando o pequeno val entre montes ao norte do río foi elixido, despois de superar a proba xeomántica do feng shui, coma capital da dinastía Joseon.
Edificouse unha cidade entourada por un cinto de 18 quilómetros de murallas con pazos e santuarios que se estiveron construíndo ata o século XVII.[8] Recibiu de novo o nome de Hanseong e manteuse na súa estrutura básica ata o século vinte:[9][10] un eixo fundamental norte sur, o Sejongno, dende o pazo principal), o Gyongbokgung, ata o encontro co eixo leste oeste, o Chongno, e ampliado despois ata o pazo Toksugong e a praza do concello e máis o sur ata a porta da muralla, Namdaemun, a única orixinal que aínda se conserva, co barrio do mercado.[11]
Despois da ocupación xaponesa e a Segunda Guerra Mundial, coa proclamación da República de Corea, a cidade converteuse na súa capital co nome actual, Seúl, que significa literalmente iso, capital. Pero coa guerra de Corea nos cincuenta e a súa posición fronteiriza entre o norte e o sur, foi practicamente arruinada. A reconstrución posterior levouna ao que actualmente é, unha das maiores metrópoles do mundo, con máis de dez millóns de habitantes.
Megalópole[editar | editar a fonte]
A Megalópole de Seúl, formada pola cidade de Seúl e varias cidades suburbanas, que experimentaron un importante crecemento.[12] En total, a megalópole ten 23 millóns de habitantes, sendo a segunda megalópole con máis habitantes, só superada por Tokio.[13]
Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]
Seúl ten varias cidades irmandadas arredor do mundo:[14][15] | ||
---|---|---|
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Thomas Brinkhoff, www.citypopulation.de; South Korea, The registered population of the South Korean provinces and urban municipalities Registered population 2007-12-31. Retrieved on
- ↑ Statistics Korea (ed.). "Current population of the Seoul National Capital Area".
- ↑ Kosis.kr (ed.). "국가통계포털". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2013. Consultado o 7 de agosto de 2013.
- ↑ UNESCO (ed.). "Lists: Republic of Korea".
- ↑ "Bukhansan National Park (북한산국립공원)". English.visitkorea.or.kr. Consultado o 2013-08-07.
- ↑ English.chosun.com (ed.). "The Chosun Ilbo (English Edition): Daily News from Korea – Seoul Voted Asians' Top Travel Destination Again". Consultado o 7 de agosto de 2013.
- ↑ Seoul Statistics 10,560,468 de xaneiro de 2012 a novembro de 2012.
- ↑ OrientalArchitecture.com (en inglés).
- ↑ "Angangi.com". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 18 de xullo de 2013.
- ↑ Lib.UTexas.edu
- ↑ Lib.UTexas.edu
- ↑ Algunhas destas cidades, coma Seongnam ou Suwon acadaron o millón de habitantes.
- ↑ Seúl es la segunda megalópolis más poblada del mundo
- ↑ 14,00 14,01 14,02 14,03 14,04 14,05 14,06 14,07 14,08 14,09 14,10 14,11 14,12 14,13 14,14 14,15 14,16 14,17 14,18 14,19 14,20 14,21 14,22 14,23 "Seoul – Sister Cities [via WayBackMachine]". Seoul Metropolitan Government (archived 2012-04-25). Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2012. Consultado o 2013-08-23.
- ↑ "International Cooperation: Sister Cities". Seoul Metropolitan Government. www.seoul.go.kr. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2007. Consultado o 26 January 2008.
- ↑ New Economic Spaces in Asian Cities: From Industrial Restructuring to the Cultural Turn. Routledge and the Taylor & Francis Group. 2012. Consultado o 2013-10-14.
- ↑ "Atlas of Tehran Metropolis". Tehran Municipality. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2013. Consultado o 2013-10-14.
- ↑ Taipei Sister city list Arquivado 10 de abril de 2014 en Wayback Machine. Taipei City Council
- ↑ "Pesquisa de Legislação Municipal – No 14471" [Research Municipal Legislation – No 14471]. Prefeitura da Cidade de São Paulo [Municipality of the City of São Paulo] (en Portuguese). Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2011. Consultado o 2013-08-23.
- ↑ Lei Municipal de São Paulo 14471 de 2007 WikiSource (en portugués)
- ↑ International Affairs Division. "Relationship with Sister Cities". International Affairs Division website. International Affairs Division, Bangkok Metropolitan Administration. Consultado o 12 September 2012.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Seúl ![]() |