Castries

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 14°01′N 60°59′O / 14.017, -60.983

Castries
SaintLucia hafen.jpg
Entrada da baía e porto de Castries
Localización
Castries en Santa Lucía, Caribe
Castries
Castries
PaísFlag of Saint Lucia.svg Santa Lucía
DistritoDistrito de Castries
Xeografía
Altitude2 msnm
Superficie79 km² km²
Demografía
Poboación70.000 (2013)
Densidade890 hab./km²
Outros datos
Páxina oficial de Castries

Castries é a capital de Santa Lucía. É o centro comercial do país, e o seu porto é un dos máis importantes das Antillas. Castries foi fundada polos franceses en 1650, e o nome procede de Charles Eugène Gabriel de la Croix, marqués de Castries.

Castries é unha pequena cidade de apenas 12.904 habitante, segundo estimacións de 2006, aínda que a área urbana xa superaba os 35.000 no 2001. O distrito homónimo acadaba 61.341 habitantes no ano 2001.

Xeografía[editar | editar a fonte]

A capital do país érguese na costa noroeste da illa. Situada nunha chaira que se alaga con facilidade, Castries estase a desenvolver sobre pólders. Urbanisticamente está trazada cun plano hipodámico ou en dameiro, ben que a escala reducida, en relación con megalópoles como Nova York, que tamén o teñen. A súa situación nunha baía, dótaa dun porto moi seguro, que permite acoller buques de todo tipo.

Servizos e infraetruturas[editar | editar a fonte]

A cidade é a sede do goberno. Acolle os despachos das compañías comerciais importantes, tanto locais como internacionais. No porto hai, como no resto da cidade, almacéns de comercio en datalle, así como restaurantes, supermercados e outras instalacións comerciais. Taxis e buses fornecen un bo servizo de transporte. Alberga tamén os servizos centrais de comunicacións.

Castries posúe o aeroporto George F. L. Charles para voos con outras illas caribeñas. O aeroporto internacional de Hewanorra está sito no sur da illa, preto da localidade de Vieux Fort.

Diocese[editar | editar a fonte]

Castries é a sede do arcebispado do mesmo nome, polo que posúe a catedral da Inmaculada Concepción.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]