Casa-Museo Emilia Pardo Bazán
Casa Museo Emilia Pardo Bazán | |
---|---|
Retrato de Emilia Pardo Bazán exposto na casa museo | |
Coordenadas | |
País | Galicia |
Cidade | A Coruña |
Tipo | Casa museo |
Administrador | Xulia Santiso Rolán |
Construción | Século XVIII |
Inauguración | 22 de marzo de 1979 |
Na rede | |
https://www.casamuseoemiliapardobazan.gal | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
A Casa Museo de Emilia Pardo Bazán é unha casa museo localizada na vivenda familiar da condesa na Coruña. Hoxe comparte dependencias coa Real Academia Galega, da que depende, e foi legada polas súas herdeiras.
Mostra a vivenda e fai fincapé na faceta literaria da autora unindo salas de ambiente historicista con outras de posta en escena actual. O museo está situado na rúa Tabernas número 11, na Cidade Vella da Coruña e inaugurouse o 22 de marzo do 1979.
Historia
[editar | editar a fonte]No 1855 José Pardo Bazán e Amalia Rúa-Figueroa y Somoza, pais de Emilia Pardo Bazán, mercaron a casa localizada na Rúa de Tabernas, 11 a Antonio Rivadeira Acebedo e á súa noiva, María Josefa Quiroga y Quindós, para servir de residencia familiar. Nesta casa viviu a escritora Emilia Pardo Bazán.
O 4 de maio do 1956 as dúas últimas herdeiras de Emilia Pardo Bazán, María de las Nieves Quiroga y Pardo Bazán, viúva do marqués Jose Calvanti e Manuela Esteban Collantes y Sandoval, condesa viúva de Torre Cela fixeron doazón dos seus bens en Madrid, na casa de Blanca Quiroga localizada na rúa Goya 23. Como representantes da Real Academia Galega compareceron Sebastián Martínez Risco y Macías, Ángel del Castillo López e Julio Rodríguez Yordi. En devandita acta especificouse a creación do Museo Emilia Pardo Bazán, a asignación da casa localizada na Rúa de Tabernas, 11 á Real Academia Galega, a cambio de que esta se ocupase da conservación do museo.
O 25 de setembro do 1959 constituíuse o Padroado do Museo Emilia Pardo Bazán.
O 9 de xullo do 1963, trala morte en Madrid de Manuela Esteban Collantes o 8 de xullo do 1959, María de las Nieves Quiroga y Pardo Bazán emitiu un testamento aberto. Nesta vontade especificáronse os obxectos e bens da familia Pardo Bazán, así coma o seu paradoiro. Os seus activos foron liquidados e distribuídos entre os parentes de pólas secundarias, xa que non ficaban herdeiros directos e a institucións con fins de caridade: a igrexa parroquial de Santiago na Coruña, a delegación da Cruz Vermella e o “Refuxio da Caridade” dirixido polo padre Rubinos.
O 2 de decembro do 1970 morreu María de las Nieves Quiroga y Pardo Bazán.
O 13 de agosto do 1971 emitiuse o documento notarial no que se tomaba posesión do edificio verificando as existencias e seleccionando os móbeis, obxectos e demais artigos localizados no primeiro andar da casa. En 20 días habilitáronse dúas salas do Concello da Coruña para albergar de xeito provisional o museo Emilia Pardo Bazán. Entre ese mesmo ano e 1979 emprendéronse as reformas do edificio localizado na rúa Tabernas. Inaugurouse o 22 de marzo do 1979 coa asistencia dos reis de España. Reinaugurouse o 16 de maio de 2003.
As salas
[editar | editar a fonte]O museo divídese nas seguintes salas:
Sala I. O recibidor
[editar | editar a fonte]Esta sala está adicada ós tapices e móbeis de estilo Isabella e outros de estética neoclásica. Tamén pódense atopar os retratos da familia Pardo Bazán así coma libros escritos por varios membros da familia, coma o pai da escritora, José Pardo Bazán e polo seu fillo Jaime.
Sala II. A sala de estar
[editar | editar a fonte]Nesta sala celebrárose importantes reunións literarias e grandes celebracións, entre as que destaca a celebrada no 1903 para homenaxear a Miguel de Unamuno.
Sala III. Produción literaria
[editar | editar a fonte]Esta sala divídese en cinco espazos.
No primeiro atópanse expostas as publicacións procedentes da biblioteca persoal da escritora e os libros adicados á autora.
O segundo espazo fala da “Cuestión Feminista”, sobre a loita da escritora nun mundo preferentemente masculino así coma os logros conseguidos por outras mulleres.
O terceiro espazo está adicado á faceta periodística da autora.
O cuarto espazo está adicado a Marineda, que é o alcume empregado pola escritora para nomear á Coruña.
O quinto e derradeiro espazo está adicado a unha serie de artigos publicados na Voz de Galicia no 1896 sobre a controversia entre Manuel Murguía e Emilia Pardo Bazán. Tamén atópase neste espazo o discurso da autora agradecendo a presidencia honorífica da Real Academia Galega.
Sala IV. O gabinete de traballo
[editar | editar a fonte]Áchanse retratos familiares, fotografías, obras literarias, notas autobiográficas, un prólogo á primeira edición de Os pazos de Ulloa entre outros documentos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Museo Emilia Pardo Bazán". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web Arquivado 24 de abril de 2020 en Wayback Machine.
- Historia da casa Emilia Pardo Bazán Arquivado 28 de maio de 2020 en Wayback Machine.
- "Familia y patrimonio de Emilia Pardo Bazán y de su marido José Quiroga (XXXIII)" La Opinión A Coruña (en castelán).
- Cervantes Virtual