Edificio de Correos da Coruña
| Edificio Central de Correos | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| A Coruña | |||||
|
Instancia de
| |||||
|
Estilo
| |||||
| Persoas e organizacións | |||||
|
Propietario/a
| |||||
|
Arquitecto/a
| |||||
| Datas | |||||
| |||||
| Localización | |||||
| |||||
| Wikidata |
O Edificio Central de Correos é un edificio situado no barrio da Pescaría da cidade da Coruña.[1] É a sede principal de Correos na cidade.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1908, o goberno estableceu mediante unha Real Orde a necesidade de construción de novas casas de Correos en diversas cidades, aínda que o proceso se demorou varias décadas.[2] No prego de condicións non se indicaba un estilo, mais si que tiña que estar situado nunha zona céntrica.
O arquitecto Joaquín Otamendi colaborara con Antonio Palacios na construción do Palacio de Comunicacións de Madrid (1919) e tamén proxectara a Casa de Correos de Ferrol, ambos os edificios en estilo moi diferente do coruñés.[2]
Descrición
[editar | editar a fonte]O edificio, racionalista[2] con características art déco, emprega un estilo que supón unha aposta da empresa pola modernidade.[1]
Dispón de baixo, dúas plantas e ático. Ao ser un edificio exento cada unha das fachadas ten unha función diferente. Os dous patios cadrados permiten a entrada de luz no vestíbulo de atención ao público.[1]
A torre do reloxo evoca a arquitectura nórdica, como a estación de Helsinqui, de Eliel Saarinen.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- COAG (1998). A Coruña. Guía de arquitectura. Colexio de Arquitectos de Galicia. ISBN 84-85665-30-9.

