Saltar ao contido

Casa de Veeduría

Casa de Veeduría
A Coruña Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Wikidata

A casa de Veeduría é un edificio situado na Cidade Vella da Coruña.

Lateral da casa de Veeduría na Cidade Vella da Coruña

O edificio, posiblemente con orixe no século XV[1] foi cedido á Coroa en 1640 polo conde de Grajal e marqués de Montaos. Durante o século XVIII foi residencia dos intendentes e de parte das oficinas de intendencia. En 1750 converteuse na sede da Real Audiencia.[1]

En 1842 aloxáronse alí os infantes Francisco de Asís e Henrique de Borbón procedentes de Inglaterra.[2]

Posteriormente foi sede do Goberno Militar ata que en 2014 o Ministerio de Defensa o pasou ao Concello da Coruña.[1] O ano seguinte remodelouse para instalar o Centro Cívico da Cidade Vella.[3] A partir de 2022 continuouse a súa reforma para crear no edificio novos espazos de uso público.[4]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]