Saltar ao contido

Colexio Dequidt

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Colexio Dequidt
 Instancia de
Datas
 Fundación / creación
1871 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
1972 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización
 País
Wikidata

O Colegio de Segunda Enseñanza para carreras especiales,[1] chamado popularmente Colexio Dequidt, foi un centro de ensino da Coruña que funcionou entre 1871 e 1972.

Información do Colexio Dequidt, Claroscuro: Ano I Número 1 (10 de agosto de 1900)

O xermolo do Colexio Dequidt xurdiu en Ferrol en 1850, fundado polo matrimonio composto por Luis Dequidt Gantois, natural da localidade francesa de Walloncappel, e Victoria Hevia Ramírez, de San Fernando, Cádiz. A súa actividade pasou á Coruña en 1871, instalándose na rúa Real 66.[1]

En 1885 faleceu Luis Dequidt e a dirección pasou ao seu fillo Enrique Dequidt Hevia, de vinte e catro anos, que trasladou a sede á rúa de Juana de Vega 5.[1] Os bos resultados obtidos no Instituto Xeral e Técnico ou na Escola Profesional de Comercio deron prestixio ao colexio, conseguindo que chegasen alumnos doutros lugares de España e América.[2] Ademais foi o primeiro colexio da cidade que empregou un autobús escolar.[1] Este aumento do alumnado fixo que se decidise a construír en 1900 a sede definitiva no número 96 do Camiño Novo,[3] nun terreo con 10 000 metros cadrados.[2] O novo edificio constaba de patios, aulas amplas, ximnasio, teatro, comedor, dormitorios e capela.[3]

Cando faleceu Enrique Dequidt en 1912 con 49 anos asumiu a dirección o seu fillo máis vello, Enrique Dequidt Carreras-Presas, e á súa morte o colexio continuou coa dirección dos seus irmáns Luis, José, María de los Ángeles e Victoria.[4]

O Colexio Dequidt pechou en agosto de 1972 por mor da urbanización da zona entre a rúa de Juan Flórez e a avenida de Arteixo. Supuxo a demolición do edificio e dos obradoiros.[5] As árbores da praza do Libro formaban parte dos campos do colexio.[6]

Ensinanzas

[editar | editar a fonte]

No Colexio Dequidt estudábase desde o ensino infantil ata o bacharelato, ademais da carreira práctica de comercio. Existía tamén unha "sección de señoritas".[2] Os alumnos podían ser internos, mediopensionistas, externos vixiados e externos libres.[1]

No colexio dábase importancia á educación física, así como ás linguas estranxeiras. Na primeira ensinanza era obrigatorio o inglés e nos párvulos ofrecíase francés, que eran impartidos por profesores estranxeiros.[2]

Entre os alumnos que estudaron no colexio están Roberto Nóvoa Santos, Santiago Casares Quiroga, Julio Wais, Wenceslao Fernández Flórez, Enrique Hervada, Manuel Iglesias Corral, Alfonso Molina ou Manuel Casás.[3]

  1. 1 2 3 4 5 Fernández, Carlos (4-2-1996). "El colegio Dequidt, una institución en la enseñanza". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña). Consultado o 20-11-2024.
  2. 1 2 3 4 López-Dafonte Sanjuán, José María; López-Dafonte González, Jorge. "El Colegio Dequidt de la ciudad herculina en el primer tercio del siglo XX" (PDF) (en castelán).
  3. 1 2 3 González Catoyra 1990, p. 163.
  4. González Catoyra 1990, p. 165.
  5. González Catoyra, Alfonso (1994). Cronología Coruñesa 1901-1993 (en castelán). p. 525.
  6. Pateando A Coruña: Plaza del Libro (en castelán)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]