Saltar ao contido

Casa Molina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Casa Molina
A Coruña Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Estilo
Persoas e organizacións
 Arquitecto/a
Datas
 Fundación / creación
1915 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Código postal
15001 Editar o valor en Wikidata
 Enderezo
Paseo da Dársena, 1, 15001 A Coruña Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A casa Molina é un edificio situado na entrada da Cidade Vella da Coruña.

O edificio foi encargado a Rafael González Villar por Raimundo Molina Couceiro, empresario da industria naval.[1] Foi o primeiro edificio de vivendas que deseñou o arquitecto, que xa realizara entre outras obras o Kiosco Alfonso.[2]

Posteriormente, González Villar volveu colaborar con Molina ao deseñar o edificio da Avenida dos Anxos próximo á Casa Molina e a Vila Molina, da Cidade Xardín.[2]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O predio ten superficie trapezoidal duns 200 metros cadrados.[3]

A estrutura do edificio está formada por catro andares, cunha vivenda en cada un. No andar baixo hai garaxe e locais comerciais.[4] O edificio está coroado por un torreón hexagonal que finalmente foi máis esvelto que no proxecto inicial.[4]

O estilo do edificio supón unha reinterpretación da arquitectura tradicional galega, con elementos decorativos que lembran a Sezession vienesa.[5]

  1. Garci, A. (25-10-2022). "Casa Molina: Emblema de otro tiempo". EntreNós (en castelán). Consultado o 25-10-2024. 
  2. 2,0 2,1 Garrido Moreno 1998, p. 131.
  3. Martínez Suárez & Casabella López 1989, p. 110-111.
  4. 4,0 4,1 Fernández Cobián 1998, p. 70.
  5. Garrido Moreno 1998, p. 133.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]