Saltar ao contido

Pazo de Guyatt

Pazo de Guyatt
As Xuvias Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Wikidata

O pazo de Guyatt, tamén coñecido como pazo de Cotón de Castro e pazo da Pasaxe,[1] é un pazo situado o lugar das Xuvias no concello da Coruña.

Entrada ao recinto do pazo

Aínda que posiblemente o pazo teña orixe medieval, a primeira referencia sobre a súa existencia aparece no século XVI, propiedade do rexedor da Coruña Pedro de Villafranca. A principios do século XVII comprouno o tamén rexedor Gabriel Cotón.[2]

Durante a guerra da Independencia foi saqueado polos franceses. En 1865 coa creación da liña de ferrocarril A Coruña - Madrid construíuse un túnel que reduciu o terreo do xardín.[2]

A finais do século XIX a familia Cotón arruinouse, acabando a propiedade nas mans da familia Guyatt, que chegara á cidade en 1870.[2]

Trala guerra civil o goberno franquista incautouse da parcela para instalar o Fogar Infantil das Xuvias. Este feito supuxo un estrago do pazo e mesmo foi espoliada unha escaleira.[2] Ademais, serviu de lugar de descanso para oficiais nazis durante a segunda guerra mundial.[2]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O pazo é un edificio de granito e planta cadrada.[1] Na fachada consérvase o escudo dos Cotón de Castro.[2]

  1. 1 2 "El plan de Oza propone dedicar el pazo de Guyatt a uso público y el de los Blanco a investigación". La Opinión A Coruña (en castelán) (A Coruña). 28-02-2022. Consultado o 02-08-2024.
  2. 1 2 3 4 5 6 Ventureira, Rubén (21-07-2024). "El Pazo de Guyatt – Las mil vidas del pazo inglés de As Xubias en A Coruña". El Ideal Gallego (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02-08-2024. Consultado o 02-08-2024.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]