Mario Bunge

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Mario Bunge
MarioBungesmall.jpg
Nacemento 21 de setembro de 1923
  Buenos Aires
Nacionalidade Arxentina
Relixión ateísmo
Educado en Universidad Nacional de La Plata
Ocupación físico, filósofo, ensaísta, sociólogo, catedrático de universidade e escritor
Premios Bolsa Guggenheim, Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades e sen etiquetar
editar datos en Wikidata ]

Mario Bunge (Buenos Aires, Arxentina 1919) é un físico e filósofo arxentino, ademais dun humanista.

Biografía[editar | editar a fonte]

Naceu na cidade arxentina de Buenos Aires o 21 de setembro de 1919. Interesado na filosofía da física, Bunge comezou os seus estudos na Universidade Nacional de La Plata, graduándose cun doutoramento en ciencias físico-matemáticas no ano 1952. Na mesma universidade foi profesor de física teórica e filosofía desde 1956 ata 1966 cando, insatisfeito perante o clima político do seu país, tomou a decisión de emigrar. Pasou entón a ensinar nas universidades de México, Estados Unidos e Alemaña, acabando por radicar no 1966 en Montreal, Canadá, como profesor da Universidade McGill desde aquela.

Os seus principais intereses son a epistemoloxía, a filosofía da mente e filosofía das ciencias sociais. O seu libro La ciencia, su método y su filosofía (1960), no que introduce as bases do método científico e a súa aplicación no campo do saber, chegou a se converter nun clásico do xénero.

É coñecido tamén por expresar publicamente a súa posición contraria as pseudociencias, entre as que inclúe a psicanálise e a homeopatía; mais tamén elaborou fortes críticas contra correntes filosóficas como o existencialismo, incluíndo filósofos como Martin Heidegger e Edmund Husserl; o postmodernismo; a hermenéutica e o feminismo filosófico. Talvez a súa obra máis importante estea formada polos oito volumes do seu Tratado de filosofía básica (Treatise on Basic Philosophy).

En 1982 foi galardoado co Premio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades.

Obras seleccionadas[editar | editar a fonte]

  • 1960. La ciencia, su método y su filosofía. Buenos Aires: Eudeba.
  • 1962. Intuition and Science. Prentice-Hall.
  • 1967. Foundations of Physics. Springer
  • 1969. La Investigación Científica. Su estrategia y su filosofía. Barcelona: Ediciones Ariel.
  • 1973. Philosophy of Physics. Dordrecht: Reidel.
  • 1980. The Mind-Body Problem. Oxford: Pergamon.
  • 1980. Epistemología. Ariel
  • 1984. "What is Pseudoscience", The Skeptical Inquirer, Vol.9, No.1, (Fall 1984), pp. 36–46.
  • 1974-89. Treatise on basic philosophy, en 8 vols. Dordrecht: Reidel.
  • 1996. Finding Philosophy in Social Science. Yale University Press.
  • 1998. Dictionary of Philosophy. Amherst, N.Y.: Prometheus Books ( trad. esp. 2001: Siglo XXI: México).
  • 1999. Las ciencias sociales en discusión. Buenos Aires: Sudamericana
  • 2001. Philosophy in Crisis. Amherst, N.Y.: Prometheus Books.
  • 2000. La relación entre la sociología y la filosofía. Madrid: Edaf.
  • 2003. Emergence and Convergence: Qualitative Novelty and the Unity of Knowledge. Toronto: University of Toronto Press.
  • 2003. Dictionary of Philosophy. Amherst, N.Y.: Prometheus Book (edición ampliada, ten trad. en español e portugués)
  • 2004. Mitos, hechos y razones. Buenos Aires: Sudamericana
  • 2006. Chasing Reality. Strife over Realism. Toronto: University of Toronto Press.