Ernst Mach
Ernst Mach | |
---|---|
![]() Ernst Mach (1838–1916). | |
Datos persoais | |
Nacemento | 18 de febreiro de 1838 |
Lugar | Brno, ![]() |
Falecemento | 19 de febreiro de 1916 (78 anos) |
Lugar | Múnic, ![]() |
Causa | Ictus |
Soterrado | Nordfriedhof (Munique) |
Residencia | Imperio austríaco, Imperio alemán |
Nacionalidade | Austríaco |
Cónxuxe | Ludovica Aloisia Carolina Marussig |
Fillos | Ludwig Mach |
Actividade | |
Campo | Física |
Alma máter | Universidade de Viena |
Institucións | Universidade de Graz Universidade de Praga Universidade de Viena |
Director de tese | Andreas von Ettingshausen |
Contribucións e premios | |
Coñecido por | Número de Mach Principio de Mach Onda de choque Onda de Mach Bandas de Mach Criticismo do experimento do caldeiro de auga de Isaac Newton[1] diamante de choque |
Influído por | Círculo de Viena Ludwig Boltzmann Albert Einstein Wolfgang Pauli William James Wilhelm Kienzl[2] Pierre Duhem[3] |
Influíu en | Andreas von Ettingshausen[4] Gustav Fechner[5] Carl Ludwig[6] |
Premios | Ordem Maximiliana da Baviera para Ciência e Arte |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ernst Waldfried Josef Wenzel Mach, nado en Brno o 18 de febreiro de 1838, e finado en Vaterstetten o 19 de febreiro de 1916, foi un físico e filósofo austríaco.
De 1864 a 1867 foi profesor de matemáticas en Graz. Despois (1867-1895) ensinou física na Universidade de Praga, cando se opuxo á introdución da lingua checa como lingua oficial na mesma universidade, aliñándose entre os partidarios da dominación alemá na rexión. De 1895 a 1901 foi o titular da cadeira de historia e teoría da ciencia indutiva na Universidade de Viena. En 1901, tras abandonar o ensino, foi nomeado membro da Cámara dos Pares polo emperador da Austria.
As súas obras filosóficas e científicas exerceron profunda influencia no pensamento do século XX. Os seus primeiros libros conteñen os fundamentos dunha nova teoría filosófica, o empirocriticismo. Defendeu unha concepción positivista: ningunha proposición das ciencias naturais é admisíbel se non for posíbel verificala empiricamente.
Obras principais[editar | editar a fonte]
- Die Geschichte und die Wurzel des Satzes von der Erhaltung der Arbeit (A Historia e a Orixe do Principio da Conservación da Enerxía), de 1872;
- Die Mechanik in ihrer Entwicklung (A Ciencia da Mecánica), de 1883;
- Beiträge zur Analyse der Empfindungen (Contribución á Análise das Sensacións), de 1886;
- Die Principien der Wärmelehre (Principios da Termoloxía), de 1896;
- Erkenntnis und Irrtum (Coñecemento e Erro), de 1905.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Mach, E. (1960 [1883]), The Science of Mechanics, LaSalle, IL: Open Court Publishing, p. 284.
- ↑ John T. Blackmore, Ernst Mach: His Work, Life, and Influence, 1972, p. 44.
- ↑ John T. Blackmore, Ernst Mach: His Work, Life, and Influence, 1972, p. 196.
- ↑ whonamedit.com, Ernst Waldfried Josef Wenzel Mach
- ↑ Jagdish Mehra, Helmut Rechenberg, The Historical Development of Quantum Theory, page 47
- ↑ stanford.edu, Ernst Mach First published Wed May 21, 2008; substantive revision Tue Apr 28, 2009, Mach interest in physiology, Johannes Peter Müller and his students, Ernst Brüke and Carl Ludwig, started a new school of physiology in 1840s.