Willard Van Orman Quine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Willard Van Orman Quine
Wvq-passport-1975-400dpi-crop.jpg
Fotografía do pasaporte de W. V. Quine.
Nacemento 25 de xuño de 1908
  Akron
Falecemento 25 de decembro de 2000
  Boston
Nacionalidade Estados Unidos de América
Relixión ateísmo
Educado en Universidade Harvard e Oberlin College
Ocupación matemático, filósofo analítico, filósofo da linguaxe, epistemologista, filósofo da ciencia, catedrático de universidade, profesor e filósofo
Premios Rolf Schock Prize in Logic and Philosophy
editar datos en Wikidata ]

Willard Van Orman Quine, nado en Akron (Ohio) o 25 de xuño de 1908 e finado en Boston (Massachusetts) o 25 de decembro de 2000, foi un filósofo estadounidense, recoñecido polo seu traballo en lóxica matemática e ás súas contribucións ao pragmatismo como unha teoría do coñecemento.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Educouse no Oberlin College e na Universidade Harvard, onde foi discípulo de Whitehead e da que chegou a ser profesor en 1936. Tamén realizou estudos en Viena, Varsovia e Praga.

Quine é coñecido pola súa afirmación de que o modo en que o individuo usa a linguaxe determina que clase de cousas está comprometido a dicir que existen. Ademais, a xustificación para falar dunha maneira en lugar doutra, ao igual que a xustificación de adoptar un sistema conceptual e non outro, é para Quine unha manifestación absolutamente pragmática.

Tamén é coñecido pola súa crítica a certas doutrinas do empirismo lóxco e a distinción tradicional entre afirmacións sintéticas (proposicións empíricas ou baseadas en feitos) e afirmacións analíticas (proposicións necesariamente verdadeiras), ao poñer en dúbida a distinción analítico-sintético, propón un holismo semántico no cal as proposicións teñen significado en conxunto e non por separado cada unha. Quine realizou ás súas principais contribucións á teoría de conxuntos, unha rama da lóxica matemática que ten que ver coa relación entre os conxuntos.

Quine tamén realizou unha achega fundamental á lingüística teórica, ao propoñer métodos recursivos para construír gramáticas que describan a linguaxe humana, separando así as clases K de secuencias significativas idiomaticamente das asignificativas idiomaticamente, método formal que inspiraría ao seu alumno Noam Chomsky a estudar en profundidade as estruturas sintácticas das linguas naturais. En lingüística, Quine tivo posturas próximas ao condutismo, aínda que en ocasións declarou nos seus escritos que hai certa predisposición a adquirir a linguaxe por parte do neno.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Un sistema de loxística (A System of Logistic). 1934. 
  • Lóxica matemática (Mathematical Logic). 1940. 
  • Lóxica elemental (Elementary Logic). 1941. 
  • O sentido da nova lóxica (O Sentido da Nova Lógica). 1944. 
  • Os métodos da lóxica (Methods of Logic). 1950. 
  • Desde un punto de vista lóxico (From a Logical Point of View). 1953. 
  • Palabra e obxecto (Word and Object). 1960. 
  • La teoría de conxuntos e a súa lóxica (Set Theory and Its Logic). 1963. 
  • Os camiños do paradoxo e outros ensaios (The Ways of Paradox and Other Essays). 1966. 
  • Traballos de lócica selectos (Selected Logic Papers). 1966. 
  • A relatividade ontolóxica e outros ensaios (Ontological Relativity and Other Essays). 1969. 
  • A rede de crenzas (The Web of Belief). 1970. 
  • Filosofía da lóxica (Philosophy of Logic). 1970. 
  • A lóxica alxébrica e os functores de predicado (Algebraic Logic and Predicate Functors). 1971. 
  • As raíces da referencia (The Roots of Reference). 1974. 
  • Teorías e cousas (Theories and Things). 1981. 
  • O tempo da miña vida: unha autobiografía (The Time of My Life: An Autobiography). 1985. 
  • Quididades: un dicionario filosófico intermitente (Quiddities: An Intermittently Philosophical Dictionary)). 1987. 
  • A ciencia e os datos dos sentidos (La Scienza e i Dati di Senso). 1987. 
  • A busca da verdade (Pursuit of Truth). 1990. 
  • A lóxica das secuencias: unha xeralización dos Principia Mathematica (The Logic of Sequences: A Generalization of Principia Mathematica). 1990. 
  • Estimado Carnap, estimado Van: a correspondencia Quine-Carnap e traballos relacionados (Dear Carnap, Dear Van: The Quine Carnap Correspondence and Related Work). 1991. 
  • Do estímulo á ciencia (From Stimulus to Science). 1995. 

Artigos importantes[editar | editar a fonte]

  • "A concatenación como base da aritmética (Concatenation as a basis for arithmetic)". 1941.  Artigo incluído en Relatividade ontolóxica e outros ensaios.
  • "Acerca do que hai (About What There Is)". Review of Metaphysics. 1948.  Artigo incluído en Desde un punto de vista lóxico.
  • "Dous dogmas do empirismo (Two Dogmas of Empiricism)". The Philosophical Review 60: 20–43. 1951.  Artigoo incluído en Desde un punto de vista lóxico.
  • "Cuantificadores e actitudes proposicionais (Quantifiers and Propositional Attitudes)". Journal of Philosophy 53: 185–196. 1956.  Artigo incluído en Os camiños do paradojo e outros ensaios.
  • "Epistemoloxía naturalizada (Epistemology Naturalized)". 1969.  Artigo incluído en Relatividade ontolóxica e outros ensaios.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Chamorro Calzón, José María (2006): Lenguaje, mente y sociedad. Hacia una teoría materialista del sujeto. La Laguna: Universidad de La Laguna. ISBN 978-84-7756-674-8
  • Gibson, Roger (1988): Enlightened Empiricism. Tampa: University of South Florida Press.
  • Gibson, Roger (1988): "Radical translation and radical interpretation" en E. Craig (dir.) Routledge Encyclopedia of Philosophy. London: Routledge. Ver en liña
  • Gochet, Paul (1978): Quine en perspective: essai de philosophie comparée. Paris: Flammarion,
  • Gochet, Paul (1982): Ascent to truth. A critical examination of Quine's philosophy. München: Philosophia Verlag.
  • Hookway, Christopher (1988): Quine. Cambridge: Polity Press.
  • Laugier,Sandra (1992): L'apprentissage de l'obvie. L'anthropologie logique de Quine. Paris: Vrin.
  • Nubiola Aguilar, Jaime (1991): El compromiso esencialista de la lógica modal: estudio de Quine y Kripke. Pamplona: Ediciones Universidad de Navarra S.A. (Eunsa). ISBN 978-84-313-0867-4

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]