Asmara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 15°20′N 38°56′L / 15.333, -38.933

Asmara
أسمرة
ኣስመራ Asmera
AsmaraMunicipality.jpg
Asmara Panorama.JPG
Vista de Asmara
Localización
Asmara en Eritrea
Asmara
Asmara
País Flag of Eritrea.svg Eritrea
Rexión Maekel
Distrito 13
Xeografía
Altitude 2.325 msnm
Superficie 1.215,81 km²
Demografía
Poboación 649.000 hab. (2009)
Densidade 534 hab/km²
Outros datos
Alcalde Semere Russom

Asmara[1][2] (dita tamén no pasado Asmera) é a capital e o máximo centro industrial de Eritrea. É aínda a capital da Rexión Central. A súa poboación estimábase en 2006 que andaba sobre 578.000 habitantes, entanto a aglomeración metropolitana superaba o 1 000 000 de poboadores.

Está sita nun planalto de máis de 2.300 m de altitude, e goza dun clima particularmente lene e saudábel (a temperatura media anual é de arredor de 17 °C). É sede universitaria.

Historia[editar | editar a fonte]

Asmara xurdiu no século XII, da unión de catro aldeas. Orixinariamente habitaban na zona catro clans: os Gheza Gurtom, os Gheza Shelele, os Gheza Serenser e os Gheza Asmae. Animados polas súas familias, os xefes dos clans decidiron unirse para facer fronte aos bandidos que andaban pola zona. Despois de vencelos, a rexión foi denominada Arbaete Asmara, que na lingua tigriña significa: "os catro están unidos". Arbaete caeu en desuso e a cidade foi chamada simplemente Asmara.

Outra lenda narra que nesta zona a raíña de Saba dou a luz o fillo de Salomón, Menelik I.

A cidade foi colonizada por Italia en 1889, e foi capital da colonia de Eritrea en 1897. (Entre 1890 e 1897, a capital foi a cidade de Massaua). En 1887 os italianos, baixo a dirección do enxeñeiro E. Olivieri, construíron os primeiros treitos do ferrocarril que, partindo da cidade portuaria de Massaua, alcanzaba o forte militar de Saati. Posteriormente a vía alcanzou Asmara, en decembro de 1911, pasando tamén a través da cidade de Ghinda.

Vista xeral de Asmara

No ano 1930 o gobernador Jacopo Gasparini mudou o aspecto urbano da cidade coa construción de novas estruturas e edificacións, de estilo racionalista italiano, que fixeron que a cidade chegase a ser denominada a "Pequena Roma".

En 1936, tras a conquista de Etiopía polos italianios, a colonia de Eritrea unificouse con Etipoía e a Somalia italiana para formaren a África Oriental italiana (AOI).

A presenza colonial italiana e aínda hoxe moi visíbel, tanto no aspecto dos edificios, como no uso da lingua italiana en numerosos estabelecementos comerciais.

Na primavera de 1941, durante a Segunda Guerra Mundial, a cidade foi ocupada, como o resto da Eritrea, polas tropas británicas, e quedou integrada no imperio de Etiopía de Haile Selassie I.

No ano 1991 a cidade foi liberada do dominio etíope (daquela Etiopía xa era unha República) polas tropas insurxentes de Eritrea e, en 1993, negociouse a súa independencia, pondo momentaneamente fin a cerca de 30 anos de guerra. Ese ano, Asmara pasou a ser a capital do novo Estado independente eritreo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). p. 124. ISBN 84-9749-199-8. 
  2. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524. Asmara (Eritrea) 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]