San Cristóbal de La Laguna
San Cristóbal de La Laguna | |
---|---|
Vista da Praza del Adelantado. | |
Patrimonio da Humanidade - UNESCO | |
País | ![]() |
Localización | 28°29′N 16°19′O / 28.483, -16.317 |
Tipo | Cultural |
Criterios | II, IV |
Inscrición | 1999 (23ª sesión) |
Rexión da UNESCO | Europa e América do Norte |
Identificador | 929 |
San Cristóbal de La Laguna, coñecida popularmente como La Laguna, é unha cidade e un municipio canario pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife (España). Esta cidade foi capital da illa de Tenerife en tempos anteriores; actualmente a capital é Santa Cruz de Tenerife.
O nome guanche da zona onde se sitúa a cidade era Aguere, que era o nome da antiga lagoa ou lago que existía no lugar.[1]
A cidade foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1999. Con 148.375 habitantes, é a terceira urbe máis poboada de Canarias. Nela radican o Consello Consultivo de Canarias, a Diocese de Tenerife (diocese da provincia) e a primeira universidade fundada en Canarias.
Entre os monumentos relixiosos da cidade inclúen: A Catedral de Nosa Señora dos Remedios, a Igrexa da Concepción e Real Santuario del Santísimo Cristo de La Laguna. No Convento de Santa Catalina de Siena é o corpo incorrupto de Sor María de Jesús de León Delgado coa reputación miraculosa.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Reseña histórica de San Cristóbal de La Laguna". Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2017. Consultado o 5 de abril de 2017.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: San Cristóbal de La Laguna ![]() |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ayuntamiento de San Cristóbal de La Laguna, sitio web institucional
- Ficha de San Cristóbal de La Laguna na web de UNESCO (en inglés).
- La Laguna na Páxina web oficial de Turismo de Tenerife
- Páxina oficial de Turismo de San Cristóbal de La Laguna Arquivado 27 de xaneiro de 2021 en Wayback Machine.