Saltar ao contido

Luanda

Luanda
 Nome orixinal
    Luanda (pt) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
    Luanda (pt) Editar o valor en Wikidata
 Xentilicio
Luandais (fr)
Luandaise (fr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe satelital
Vista nocturna
Imaxe
Fotomontaxe
Características
 Lingua oficial
Implicados
 Xefe do goberno
Milca Caquesse (2023 - ) Editar o valor en Wikidata
 Membro de
Datas
 Fundación / creación
1575 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Historia
 Historia
 Premios e distincións
Localización
 Situado en
 Bañado por
 OpenStreetMap
Mapa
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Poboación
1.500.000 (1996) população estimada (pt) Traducir
2.081.000 (1997) população estimada (pt) Traducir
2.584.000 (2009) população estimada (pt) Traducir
2.165.867 (2014)
2.487.444 (2018) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
   113.000.000 m² Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   6 m Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
OpenStreetMap11704226 Editar o valor en Wikidata
VIAF170087304 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/04nsy Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4575501
Wikidata G:Commons C:Commons

Luanda (antigamente São Paulo de Loanda) é a capital e a cidade máis grande de Angola. Situada sobre a costa atlántica, Luanda é o principal porto do país. En 2014 tiña unha poboación de 8.2 millóns de habitantes, convertíndoa na terceira cidade máis grande de fala portuguesa no mundo, só por detrás de São Paulo e Río de Xaneiro, tamén é a 19º cidade máis poboada de África. Luanda é tamén a capital da provincia do mesmo nome.

Foi fundada en 1576 polo fidalgo e explorador portugués Paulo Dias de Novais.

Topónimo

[editar | editar a fonte]

O nome Luanda deriva das linguas bantús, concretamente de lu-ndandu, no cal o prefixo lu é unha das formas primitivas do plural e é común nas zonas costeiras, deltas, ríos e rexións con forma alongada, neste caso refírese a un banco de area rodeado polo mar. Ndandu significa valor ou obxecto de comercio.

Os pobos mbundu pronunciaban os topónimos segundo a súa forma de falar nas diferentes rexións, elimindo algunha letra cando isto non afectaba ao significado do vocablo, polo que Lu-ndandu pasou a chamarse Lu-andu. Posteriormente, xa como parte de Portugal, o termo pasóu a ser feminino ao referirse a unha illa, chamandose dende entón Luanda.[1]

Demografía

[editar | editar a fonte]

Os habitantes de Luanda son principalmente de orixe étnica africana, coma as tribos ovimbundu, ambundu ou congo. A lingua oficial, que é igualmente a máis falada, é o portugués, aínda que varias linguas relacionadas co bantú sexan tamén usadas. Existe unha pequena minoría de habitantes de orixe europea.

É a cidade máis poboada de Angola (véxase Lista de municipios de Angola por poboación)

A cidade foi fundada en 1575 polos portugueses baixo o nome de São Paulo de Luanda, cun centenar de familias de colonos e catrocentos soldados. Foi o centro administrativo da colonia de Angola despois do 1627, salvo do 1640 ao 1648, cando foi ocupada polos Países Baixos, que a bautizaron como Fort Aardenburgh. Despois dos anos 1550 ata cara a 1850, Luanda foi un centro importante do trafego de escravos cara ao Brasil.

Independencia de Angola

[editar | editar a fonte]

Despois da independencia no 1975, e trala retirada das tropas coloniais, a maior parte da poboación portuguesa da cidade partiu ante o aumento da inseguridade no país, debidos principalmente aos enfrontamentos entre o MPLA, de ideoloxía comunista e apoiado por Cuba, o FNLA, apoiado por Zaire, Estados Unidos e China, e o UNITA, apoiado por Suráfrica.

Esta emigración forzosa fixo decaer as infraestruturas pola falta de man de obra cualificada e de persoas con estudos superiores.

Nos últimos anos, varias compañías chinesas, brasileiras e portuguesas implicaronse no desenvolvemento da Nova Luanda, construíndo edificios de apartamentos e zonas privadas para persoas de clase media-alta.

  1. ↑ "cidmae15". 2011-07-23. Archived from the original on 23 de xullo de 2011. Consultado o 2017-12-19.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.