Saltar ao contido

Gaborone

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaGaborone
Gaborone (tn)
Gaborone (en)
Gaborone (fr)
Gaborone (de) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

EpónimoKgosi Gaborone (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 24°39′25″S 25°54′31″L / -24.6569, 25.9086
EstadoBotswana
Distritos (pt) TraducirSudeste (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación235.884 (2013) Editar o valor en Wikidata (1.395,76 hab./km²)
Xeografía
Superficie169 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude1.014 m Editar o valor en Wikidata
Creación1965 Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico00267 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2BW-GA Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Burbank
Zhejiang (pt) Traducir
Sorong
Windhoek (2001–)
Västerås (pt) Traducir (2012–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webgov.bw… Editar o valor en Wikidata

Gaborone é a capital de Botswana. Está situada ao sueste do país, preto do río Notwane, a tan só 15 km da fronteira con Suráfrica. A súa poboación en 2005 era de 208.411 habitantes.

Antes de 1969, a cidade era coñecida como Gaberones, e substituíu a Mafeking como capital do Protectorado de Bechuanaland en 1965, porque Mafeking (actualmente grafada Mafikeng) estaba fóra do Protectorado. Cando este accedeu á independencia, tomando o nome Botswana, era necesaria unha capital, pensándose primeiramente en Lobatse, mais coidouse que esta estaba moi limitada, así que decidiuse buscar un novo sitio, escolléndose Gaberones, que fora un pequeno asentamento administrativo colonial.

O nome orixinal de Gaberones, era Gaborone's Village ("Aldea de Gaborone"), seguindo o antigo costume tribal de nomear as capitais polo nome do xefe, neste caso o xefe Kgosi Gaborone dos BaTlokwa, cuxa aldea, agora chamada Tlokweng, radicaba xusto no outro lado do río. "Gabs" é a abreviación usual na linguaxe corrente para referirse á capital, e tamén se usan 'GC' ou 'Gabz'.

O novo núcleo da cidade foi construído en tres anos, incluíndose o edificio para a Asemblea, as oficinas gobernamentais, unha central de enerxía, un hospital, escolas, emisora de radio, central telefónica, correos etc, e máis de mil vivendas. O vello Gaberones converteuse nun suburbio da nova cidade, e actualmente adoita denominarse "the Village" (a Aldea).

Infraestruturas e servizos

[editar | editar a fonte]

O transporte pública, en termos africanos é bo, con servizo de buses que comunica os diversos barrios. Furgonetas e taxis completan as necesidades de movemento. hai un hotel de 5 estrelas e bos restaurantes. O rápido crecemento da cidade, obrigou á construción dunha nova presa para fornecer auga. A cidade está partida en dúas polo ferrocarril. A 10 km ao norte da cidade sitúase o aeroporto (Sir Seretse Khama International Airport) comunicado por liñas regulares con cidade como Xohanesburgo, Cidade do Cabo, Harare, Francistown e Maun.

Economía

[editar | editar a fonte]

As zonas industriais de Gaborone áchanse situadas ao longo da liña do ferrocarril, sobre todo en Broadhurst, Gaborone West e a chamada Phase 4. Todas as industrias son de tipo lixeiro, pois a cidade carece de calquera clase de industria pesada.

A Comunidade para o Desenvolvemento de África do Sur (Southern African Development Community - SADC) ten a súa sede en Gaborone; é unha organización que se creou en 1980 para aumentar a cooperación entre os países meridionais de África e tentar reducir a súa dependencia de Suráfrica.

Na cidade radica tamén o campus principal da Universidade de Botswana.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]