Arucas
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Illas Canarias | ||||
| Provincia | Las Palmas | ||||
| Capital | Arucas | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 38.936 (2024) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 33,01 km² | ||||
| Bañado por | Océano Atlántico | ||||
| Altitude | 240 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Santo padrón | Xoán o Bautista | ||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Angel Victor Torres Perez | ||||
| Orzamento | 24.526.448 € | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 35400 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 35006 | ||||
| Sitio web | arucas.org | ||||
Arucas é un municipio español pertencente a provincia das Palmas, nas Illas Canarias. Está situado no norte da illa de Gran Canaria.
Destaca dentro do seu patrimonio histórico-artístico a igrexa de San Xoán Bautista, coñecida popularmente como a catedral de Arucas: aínda que a súa configuración inicial data do século XVII, a igrexa actual foi levantada en estilo neogótico de nova planta a principios do século XX. No seu interior garda un considerable tesouro artístico, con pezas escultóricas de procedencia italiana, pinturas flamengas e da escola andaluza, e obras de Cristóbal Hernández de Quintana.
Historia
[editar | editar a fonte]
O nome da localidade provén da tradución que fixeron os casteláns do topónimo aborixe "Arehucas". A cidade está asentada sobre un val, orixinariamente chan mariño que ao xurdir o volcán da Montaña de Arucas foi pechado formando unha lagoa.
En 1894 alcanza a categoría de cidade por graza da entón raíña rexente María Cristina, en mérito ao seu crecemento e laboriosidade.
A cidade áchase ao pé da montaña de Arucas, un volcán apagado no que hai un miradoiro con vistas excelentes cara aos catro puntos cardinais e que exhibe un aspecto moi peculiar: parece que ten nun lado unha especie de pegada xigante.
A agricultura foi desde sempre a principal riqueza económica de Arucas, destacando hoxe día as amplas veigas de cultivo de plátanos.
O municipio posúe varios parques señoriales como o parque municipal de Arucas(coñecido como Parque Gourie), xunto ao centro histórico, ou o xardín da Marquesa, xardín botánico que data do século XIX.
Nesta cidade elabórase o ron mel, procedente da cana de azucre.
O termo municipal de Arucas comprende outras poboacións, como Bañaderos, La Montañeta, la Fula, Cardones, Trapiche, Visvique, Los Portales, Santidad etc.
Poboación
[editar | editar a fonte]| Ano | Poboación | Densidade |
|---|---|---|
| 1991 | 26.974 | - |
| 1996 | 29.179 | - |
| 2001 | 32.466 | 983,81/km² |
| 2002 | 32.917 | - |
| 2003 | 33.449 | 1.013,3/km² |
| 2004 | 33.701 | 1.009,31/km² |
| 2005 | - | - |
| 2006 | 34.874 | 1.056,47/km² |
| 2007 | 35.280 | 1.068,77/km² |
| 2008 | 35.542 | - |
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Casco antigo
-
Xardín Botánico
