Monrovia
Coordenadas: 6°18′48″N 10°48′5″O / 6.31333, -10.80139
Monrovia | |
---|---|
Vistas da cidade | |
Localización | |
País | ![]() |
Condado | Montserrado |
Distrito | Greater Monrovia |
Xeografía | |
Superficie | 13 km² |
Demografía | |
Poboación | 970.824 hab. (2008) |
Densidade | hab/km² |
Outros datos | |
Alcalde | Mary Broh |
Monrovia é a capital e a cidade principal de Liberia. Situada na costa do Atlántico, no ano 2003 tiña 572.000 habitantes. A cidade foi denominada así en homaxe ao presidente nortamericano James Monroe, que gobernaba cando os libertos negros foron asentados no litoral africano occidental.
Historia[editar | editar a fonte]
A área de Monrovia xa estaba habitada cando os portugueses a chamaron Cabo Mesurado, en 1560, mais a cidade no se fundou até o mes de abril do ano 1822, cando a illa de Providence (actualmente unida ao centro urbano por unha ponte) foi ocupada pola Sociedade Americana de Colonización (American Colonization Society),[1] como refuxio para escravos liberados nos Estados Unidos e mais nas Indias Occidentais británicas, imitando o que xa fixeran os ingleses en Freetown a finais do século anterior. Inicialmente foi denominada Christopolis, mais en 1824 pasou a ser designada Monrovia na honra do entón presidente dos EUA, James Monroe.
A cidade ficou severamente danada durante a Guerra Civil liberiana. As batallas importantes libráronse entre as forzas gobernamentais de Samuel Doe e as dos rebeldes de Prince Johnson no ano 1990 e mais durante o asalto do Parlamento no 1992. A consecuencia da guerra, hai en Monrovia unha gran cantidade de rapaces e mozos abandonados.
A cidade[editar | editar a fonte]
Monrovia está situada nunha península entre o Océano Atlántico e o río Mesurado; ao norte desemboca o río Saint Paul. É a urbe máis grande de Liberia, da que é o centro administrativo, económico, comercial e financeiro. A economía urbana gravita arredor do seu porto, que durante a Segunda Guerra Mundial foi ampliado substancialmente polas forzas dos Estados Unidos.
A través do porto expórtase mineral de ferro e látex producidos no país; as súas instalacións comprenden tamén estaleiros. As industrias principais da cidade son cementeiras, refinamento de petróleo, alimentarias, materiais de construción (ladrillos, azulexos), mobiliario e produtos químicos.
Lugares de interese[editar | editar a fonte]
Os principais sitios de interese son o Museo Nacional de Liberia, o Templo Masónico (actualmente en ruínas), o mercado de Waterside, o Centro Cultural e un bo número de praias. A cidade ten tamén un zoolóxico e un dos estadios deportivos máis grandes de África, con capacidade para acoller 40.000 persoas. É a sede da Universidade de Liberia e do Cuttington College and Divinity School.
Comunicación[editar | editar a fonte]
Monrovia está conectada por mar con Greenville e Harper, cidades liberianas. O aeroporto máis achegado, o Aeroporto Internacional Roberts, está situado a 60 km da cidade, en Robertsfield.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Map of Liberia, West Africa". World Digital Library. 1830. Consultado o 2013-06-02.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Monrovia ![]() |