Pájara
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | España | ||||
| Comunidade autónoma | Illas Canarias | ||||
| Provincia | Las Palmas | ||||
| Capital | Pájara | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 21.570 (2025) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 383,52 km² | ||||
| Bañado por | Océano Atlántico | ||||
| Altitude | 196 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Rafael Perdomo Betancor (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 35628 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Código INE | 35015 | ||||
| Sitio web | pajara.es | ||||
Pájara é un municipio canario pertencente á provincia das Palmas. Situado en parte do centro da illa de Fuerteventura, abarca tamén todo o sur da illa, que forma a chamada península de Jandía.
Xeografía
[editar | editar a fonte]
É o maior municipio de Fuerteventura cunha extensión de 383,52 km². A súa altitude é de 196 metros sobre o nivel do mar, contando cun litoral de 150 quilómetros. O punto máis elevado da illa é o Pico da Zarza (807 m) situado en Jandía. Esta península é unha zona protexida por un Parque natural.
Demografía
[editar | editar a fonte]Os seus núcleos máis importantes son Morro Jable, Costa Calma e Solana Matorral. Morro Jable, de tradición pesqueira, é sede de importantes campionatos internacionais de wíndsurf. Na localidade de Pájara pódese visitar a igrexa da nosa Señora da Régoa, inicialmente construída en 1687 e posteriormente ampliada.
| 1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2010 |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 1.182 | 1.267 | 1.722 | 2.532 | 4.427 | 12.923 | 20.622 |
Economía
[editar | editar a fonte]A economía de Pájara está centrada no turismo, ofertando máis de 18.000 prazas hostaleiras e extrahoteleiras. O municipio dispón da maior extensión de praias das Canarias. Destacan as de Sotavento, as de Cofete e Morro Jable.
Espazos naturais protexidos
[editar | editar a fonte]- Monumento natural Ajuí: alberga sedimentos oceánicos e fósiles de animais mariños xa desaparecidos, de grande interese científico.
- Parque natural de Jandía: abarca case a totalidade da península do mesmo nome. Contan con abundantes endemismos, especies ameazadas e especies protexidas en flora e fauna.
- Monumento natural Montaña Cardón: de interese científico pola súa riqueza florística.
- Parque rural de Betancuria: esténdese polos municipios de Betancuria, Puerto del Rosario, Antigua, Tuineje e Pájara. O seu ecosistema favorece a existencia de aves acuáticas.
- Paraxe natural Praia do Matorral: con só 115 hectáreas é un sitio de alto interese científico. Zona de recalada de aves mariñas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pájara |
