O Aaiún
| العيون (ar) El Aaiún (es) | ||||
| Localización | ||||
|---|---|---|---|---|
| ||||
| Territorio reivindicado por | Organización das Nacións Unidas | |||
| Monarquía constitucional | Marrocos | |||
| Rexión | Laâyoune-Sakia El Hamra | |||
| Provincia | Laâyoune (pt) | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 262.791 (2024) | |||
| Número de fogares | 48.049 (2014) | |||
| Lingua oficial | lingua árabe | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 83,6 km² | |||
| Altitude | 72 m | |||
| Creación | 1938 | |||
| Organización política | ||||
| • Alcalde | Moulay Hamdi Ould Errachid (en) | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Fuso horario | ||||
| Outro | ||||
| Irmandado con | ||||
| Sitio web | laayoune.ma | |||

O Aaiún[1] ou O Aiún[2][3] (en castelán: El Aaiún, en francés: Laâyoune, en árabe: العيون [Al-Ayun]) é unha cidade do Sáhara Occidental, considerada a súa capital pola autoproclamada República Árabe Saharauí Democrática, pero na práctica atópase ocupada e administrada por Marrocos, como a maior parte do Sáhara Occidental. Está situada no interior do territorio, a 28 km da costa norte, xunto ao leito seco do río Saguia el Hamra, na rexión homónima.
A cidade contaba no ano 2014 cunha poboación dunhas 217.732 persoas, sendo a maior de todo o Sáhara Occidental.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi fundada en 1938 e foi a capital do territorio de Saguia el Hamra. En 1967 tiña unha poboación de 16.300 habitantes (9.700 saharauís e 6.600 españois), e 42.500 en 1974 (24.000 saharauís e 17.500 españois).
En 2005, a cidade foi escenario de graves protestas en contra da ocupación marroquí e en apoio á independencia e da Fronte Polisario. Estas protestas tamén se produciron noutros núcleos urbanos do Sáhara Occidental, e nalgúns centros universitarios de todo Marrocos. A cidade foi recoñecida como a capital da República Árabe Saharauí Democrática por 82 estados.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2015. Consultado o 20 de decembro de 2014.
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 101. ISBN 84-8158-266-2.
- ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303. ISBN 9788482887524.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O Aaiún |
